Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Axudas a emigrantes retornados 2008

A Secretaría Xeral de Emigración convoca axudas extraordinarias a favor de emigrantes galegos retornados e os seus familiares para o exercicio 2008. A resolución ten por obxecto a protección de situacións de necesidade ou precariedade económica derivadas do seu retorno á Comunidade Autónoma de Galicia

Nome de programa:

Axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados e aos seus familiares para o exercicio 2008.

Resolución:

Resolución do 2 de abril de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se regulan axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados e aos seus familiares para o exercicio 2008.

Destinatarios:
  • Os/as cidadáns/ás españois que tiveron o seu lugar de residencia no estranxeiro e volvesen a Galicia sempre que, antes de emigrar, tivesen a súa última veciñanza administrativa en Galicia e así estivese acreditado no correspondente consulado de España, así como os emigrantes naturais de Galicia que tiveron o seu lugar de residencia no estranxeiro e volveron á comunidade autónoma.
  • Os familiares das persoas indicadas na alínea anterior unidos a estes por matrimonio ou que sexan parella de feito, parentesco por consanguinidade ou afinidade en primeiro grao, ou por adopción e parentes consanguíneos de segundo grao, así como os viúvos/as ou orfos/as deses emigrantes.

Os/as anteditos/as beneficiarios/as deberán acreditar estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno e ter a súa residencia actual en Galicia.

Convocatoria:

Diario Oficial de Galicia nº 67, do 08 de abril de 2008.

Promovido por:

Secretaría Xeral de Emigración.

Prazo de presentación:

O prazo de presentación das solicitudes será desde a data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de setembro de 2008.

Tipo de axuda:

Económica, de carácter persoal e de pagamento único, por unha soa vez.

Contacto:
  • Nos teléfonos da Secretaría Xeral de Emigración: 981547271 e 981547273
  • No enderezo da mesma: rúa Basquiños, 2, c.p.: 15704, Santiago de Compostela.
Ano: 2008
Información adicional:
  • Resolución de convocatoria en formato PDF.
  • Modelo de solicitude en formato PDF.

El tipo mime del documento es: application/pdfModelo da solicitude con todos os anexos (Versión para imprimir) [gl]
El tipo mime del documento es: application/pdfResolución do 08 de abril de 2008 [gl]
Resolución do 2 de abril de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se regulan axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados e aos seus familiares para o exercicio 2008.