Voto por correo do persoal embarcado |
O persoal dos buques da Armada, mariña mercante ou flota pesqueira de altura, abandeirados en España, que permanecera embarcado dende a convocatoria das eleccións ata a súa celebración e que durante dito período, toque portos previamente coñecidos, no territorio nacional, poderá exercitar o seu dereito de sufraxio electoral da seguinte forma: A través do servizo de radiotelegrafía, poderase solicitar da Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral onde o interesado se atope inscrito, o certificado no Censo. A mensaxe constará dos seguintes datos:
No caso de que poida recibir a documentación electoral por medio de doutro buque, indicarase na radiomensaxe o armador, consignatario ou buque onde debe ser enviada. A efectos de solicitude do voto por correo, os servizos de radiotelegrafía dos buques terán a consideración de dependencias do Servizo de Correos e os Comandantes e Capitáns ou o Oficial no que expresamente deleguen, a de funcionarios encargados da recepción da solicitude. A Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral correspondente, unha vez comprobada a inscrición do interesado, considerará a todos os efectos como recibida a solicitude e procederá a remitir ao seu nome, a documentación pertinente ao porto ou, no seu caso armador, consignatario ou buque que o elector designara. Recibida polo elector esa documentación, procederá a remitir por correo certificado e urxente, desde calquera dos portos no que o buque atraque, a documentación electoral correspondente á Mesa electoral na que corresponda votar. |