Asociacións de inmigrantes e emigrantes retornados |
![]() Nos albores do século XXI, a tecnoloxía da información e das comunicacións irrompeu nas nosas vidas coa intención de quedarse e facernos a vida máis fácil. A finalidade deste portal é poñer a disposición dos cidadáns e asociacións un lugar para o intercambio e o coñecemento; e dar resposta ás necesidades de acceso á información xurdidas neste século. As asociacións cumpren un papel de gran transcendencia na sociedade, por canto son canle das inquedanzas dos cidadás e cohesionan a sociedade, integrando e vertebrando aos distintos colectivos sociais. Que as asociacións de inmigrantes e emigrantes retornados formen parte deste portal, ten unha gran importancia. Tanto para que poidan ser máis coñecidas e ampliar o seu campo de acción; como para que poidan poñerse en contacto entre elas, intercambiar información e aumentar a eficacia das accións que realizan. A través desta sección do portal, en definitiva, preténdese facilitar que os usuarios se acheguen máis ás asociacións, coñezan mellor os servizos que ofrecen, se impliquen máis nas súas actividades e teñan un contacto máis directo e próximo con elas. |