Axudas a asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes 2008 |
A Secretaría Xeral de Emigración convoca axudas a asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes para o exercicio 2008. O obxecto regular, para o exercicio 2008, a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes radicadas en Galicia e que desenvolvan programas que favorezan a integración social destes colectivos na nosa comunidade autónoma. Nome do programa:Axudas a asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes para o exercicio 2008. Resolución:Resolución do 12 de marzo de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes para o ano 2008. Destinatarios:Asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes radicadas en Galicia, inscritos como asociacións sen ánimo de lucro no Rexistro de Asociacións da Consellería de Presidencia e que desenvolvan programas que favorezan a integración social destes colectivos na nosa comunidade autónoma. Convocatoria:Diario Oficial de Galicia nº 64, do 3 de abril de 2008 Promovido por:Secretaría Xeral de Emigración. Prazo de presentación:Ata o 5 de maio de 2008. Tipo de axuda:Poderán subvencionarse con cargo a esta convocatoria os gastos correntes, (excluídos os gastos de persoal da propia asociación), e de equipamento, derivados do funcionamento das entidades, así como para a realización de actividades propias da asociación na Comunidade Autónoma galega correspondentes ao exercicio económico do ano 2008. Contacto:
Ano: 2008Información adicional:
|
| Resolución do 12 de marzo de 2008 | [gl] | |
| Resolución do 12 de marzo de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes para o ano 2008. | ||
| Modelo da solicitude con todos os anexos (Versión para cubrir on line) | [gl] | |
| Podes redactar directamente sobre o formulario os datos e a continuación enviar o documento a imprimir coa información cumplimentada | ||
| Díptico Informativo | [gl] | |
| Díptico informativo dás axudas a asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes para ou ano 2008 | ||
| Anexos | [gl] | |