Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Cursos de extensión cultural

Programa

A Secretaría Xeral de Emigración e a Secretaría Xeral de Política Lingüística convocan, mediante esta resolución conxunta, cursos preparatorios de lingua galega, para os niveis Celga e cursos de extensión cultural dirixidos ás entidades galegas do exterior e/ou outras entidades sen fins de lucro.

A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, establece no artigo 21 que o Goberno galego fará uso dos recursos necesarios para que os galegos residentes no exterior poidan dispor de servizos culturais e lingüísticos no idioma propio de Galicia.

Resolución:

Resolución conxunta do 24 de abril de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncian, con carácter gratuíto, cursos preparatorios de lingua galega para os niveis Celga e de extensión cultural, para galegos residentes no exterior e persoas interesadas no idioma e na cultura de Galicia.

Nome do curso / modalidade:

Cursos de extensión cultural, para persoas interesadas en manter o achegamento a Galicia, á súa realidade cultural actual, á súa historia, literatura, lingua e resto de expresións sociais e culturais da nosa terra.

Quen pode solicitalo:

Poderán solicitar a realización destes cursos as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como outras entidades sen fins de lucro radicadas no exterior, legalmente constituídas, que contribúan a favorecer a difusión e preservación do patrimonio cultural galego no exterior.

Beneficiarios:

Estes cursos van dirixidos, preferentemente, aos galegos residentes no exterior, aínda que poden participar tamén outras persoas interesadas no idioma e na cultura de Galicia.

Características dos cursos:

O programa e contido dos cursos de lingua galega, preparatorios para as probas Celga, serán os regulados na Orde do 16 de xullo de 2007 da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 146, do 30 de xullo.

Se expedirá certificado ou diploma de asistencia.

Os cursos serán gratuítos para todos os participantes.

Organizador:

Secretaría Xeral de Emigración.

Quen o imparte:

Profesorado especializado.

Colaboracións:

Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Onde se imparte:

En locais adecuados facilitados polas entidades galegas.

Cando:

Datas acordadas pola Secretaría Xeral de Emigración en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, tendo en conta as prefencias da entidade galega.

Os cursos que se soliciten e impartan ao abeiro desta resolución rematarán antes do 1 de decembro de 2008

Ano

2008

Prazas:

Mínimo de vinte por curso, con carácter xeral.

Prazo de presentación

Ata o 5 de xuño.

Lugar de presentación:
  • Secretaría Xeral de Emigración
  • Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires
  • En calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Duración e horario:

Todos os cursos terán unha duración de 75 horas e realizaranse, ordinariamente, con carácter intensivo (4 horas día).

Custo:

A Secretaría Xeral de Emigración farase cargo dos seguintes custos:

  • Cando os profesores residan a máis de cen quilómetros do lugar de impartición do curso, farase cargo do custo do desprazamento destes e a maiores concederá unha cantidade de mil cincocentos euros (1.500 €) para os gastos de aloxamento e manutención, cantidade que poderá incrementarse en función do crédito dispoñible e do lugar de realización do curso.
  • Cando os profesores residan a cen quilómetros ou menos do lugar de impartición do curso, farase cargo do custo dos desprazamentos diarios que xustifique en transporte público colectivo ata un máximo de 1.000 euros.
  • Custo do material para a realización do curso e do seu envío.

As entidades galegas comprométense a facilitar as instalacións axeitadas para a realización do curso no lugar onde se desenvolva

A Secretaría Xeral de Política Lingüística faise cargo das retribucións do profesorado.

Contacto:
  • Secretaría Xeral de Emigración
    Servizo de Acción Formativa e Cultural
    Teléfonos: 981545837 – 981547277 - 981547278
    Fax: 981547295 - 981957055
    e-mail: accion.cultural.em.sc@xunta.es
Observacións:

O diploma de aproveitamento concederáselles só aos que obteñan a cualificación de aptos.

Información adicional:


El tipo mime del documento es: application/pdfResolución conxunta do 24 de abril de 2008 [gl]
Resolución conxunta do 24 de abril de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncian, con carácter gratuíto, cursos preparatorios de lingua galega para os niveis Celga e de extensión cultural, para galegos residentes no exterior e persoas interesadas no idioma e na cultura de Galicia.
El tipo mime del documento es: application/pdfModelo da solicitude con todos os anexos (Versión para cubrir on line) [gl]
Podes redactar directamente sobre o formulario os datos e a continuación enviar o documento a imprimir coa información cumplimentada
El tipo mime del documento es: application/pdfCursos concedidos do programa `Cursos preparatorios de lingua galega para os niveis Celga e de Extensión Cultural´ [gl]
El tipo mime del documento es: application/pdfAnexos [gl]