Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Outros supostos

Asistencia sanitaria para persoas sen recursos económicos

Beneficiarios

Todos os españois que teñan establecida a súa residencia en territorio nacional e carezan de recursos económicos suficientes, entendéndose como tales as persoas cuxas rendas, de calquera natureza, sexan iguales ou inferiores, no seu cómputo anual, ao Indicador Público de Rendas de Efectso Múltiples (IPREM), en cómputo anual con pagas extraordinarias, e non teñan recoñecida a asistencia sanitaria por calquera dos réximes da Seguridade Social.

Contido

A asistencia sanitaria recoñecida terá idéntica extensión, contido e réxime aos previstos no Réxime Xeral da Seguridade Social.
No caso de maiores de 65 anos a asistencia sanitaria que se recoñeza terá, a efectos de prestacións, as mesmas características que correspondan no citado réxime aos pensionistas.

Solicitude

Para que se recoñeza o dereito, deberase solicitar nos Servizos Públicos de Saúde

Documentación

En xeral:

  • Fotocopia do documento identificativo que posúa.
  • Certificado municipal de empadroamento ou convivencia.
  • Modelo de solicitude de acceso á asistencia sanitaria, que ademais dos datos persoais, inclúe unha declaración xurada de ingresos de bens e rendas, da súa situación de convivencia.

No caso de embarazadas(tarxeta válida durante 18 meses):

  • Fotocopia do documento identificativo que posúa
  • Acreditación do embarazo. Será realizada polos Servizos Públicos de Saúde (en Galicia SERGAS), expedida con carácter gratuíto, despois de realizar a consulta e probas diagnósticas
  • Modelo de solicitude firmado

No caso de menores:

  • Acreditación por parte do interesado ou persoa que o represente legalmente, de ser menor de 18 anos.
  • Modelo de solicitude.

Tramitación

Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS)
Servizo Galego de Saúde (SERGAS)

Voltar