Educación |
|
A Secretaría xeral de Emigración, como responsable da política inmigratoria e de retorno en Galicia e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria desenvolven distintas accións cara a mellorar a atención do alumnado procedente do estranxeiro, poboación con novas necesidades que, ao mesmo tempo, está a contribuír ao enriquecemento e á diversidade da cultura da nosa sociedade. Esta colaboración desenvólvese mantendo sempre a perspectiva da interculturalidade, da sensibilización da poboación galega en xeral e dos xoves en particular e no respecto á diversidade, cara a prevención de actitudes racistas e xenófobas. ¿En que consiste esta colaboración?
¿Cales son as principais accións que se veñen realizando?
Con esta publicación preténdese garantir e facilitar á poboación procedente do estranxeiro o exercicio do dereito á educación e o deber da escolarización obrigatoria. A finalidade deste folleto, publicado en galego, castelán e árabe, é que sexa de utilidade para os familiares dos nenos retornados ou inmigrantes, así como para todos os profesionais que traballen con este colectivo, non só no eido educativo. |