Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Se tes algunha dubida sobre este programa, envíanos a túa consulta

Obradoiro de Asociacionismo, participación e información

Programa ao que pertence:

Programa de escolas abertas presenciais 2008 destinadas aos cidadáns galegos residentes no exterior

Este programa pretende promover a participación das comunidades galegas na nosa vida cultural e social, formando en Galicia a aqueles que colaboran nas entidades galegas do exterior en distintos programas e actividades culturais, sociais e técnicas.

Disposición:

Resolución do 21 de abril de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se convoca o Programa de escolas abertas presenciais 2008 destinadas aos cidadáns galegos residentes no exterior (DOGA Nº83, de 30 de abril de 2008).

Nome do curso / modalidade:

Escolas abertas de formación / Asociacionismo, participación e información xuvenil.

Destinatarios:
  • Entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a condición de centro colaborador, así como aquelas institucións e asociacións sen fins de lucro legalmente constituídas radicadas fóra de Galicia, inscritas no Directorio de Centros Galegos no Mundo da Secretaría Xeral de Emigración, que contribúan a favorecer a difusión e preservación do patrimonio cultural galego no exterior.
  • As persoas propostas deben ser maiores de 18 anos e sociais ou colaboradoras das devanditas entidades.
Programa:
  • Bloque 1. Información.
    -A situación actual do asociacionismo e a participación da mocidade.
    -Centros de información e recursos.
    -Centros de recursos xuvenís.
    -Presentación do programa de Unión Europea Youth in Action.
  • Bloque 2. Participación.
    -A participación como ferramenta de cambio social.
    -Técnicas de investigación social.
    -Deseño de estratexias para o fomento da participación xuvenil.
    -Animación sociocultural.
  • Bloque 3. Asociacionismo.
    -Constitución dunha asociación.
    -Planeamento estratéxico.
    -Xestión de proxectos (presentación e xustificación).
    -Estratexias de financiamento e oportunidades das administracións.

Organizador:

Secretaría Xeral de Emigración

Quen o imparte:

Profesorado especializado

Onde se imparte:
  • Santiago de Compostela


Cando:

Primeira quincena de xullo

Ano

2008

Prazas:

Non superior a 20.

Prazo de presentación:

Ata o 30 de maio.

Lugar de presentación:

Secretaría Xeral de Emigración

Duración e horario:

As clases serán de formación intensiva, terán unha duración mínima de 40 horas lectivas teórico-prácticas e serán de carácter participativo

Seguimento e control:
  • A solicitude de participación supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral de Emigración efectúe as comprobacións que crea necesarias para asegurar o cumprimento do contido e condicións do programa, no caso de concesión.
Custo:

A Secretaría Xeral de Emigración farase cargo dos seguintes custos:

  • Gastos necesarios para o desenvolvemento dos obradoiros programados dentro das Escolas Abertas 2008, agás aqueles que deriven dos que se realicen en colaboración co Consello da Xuventude de Galicia que serán asumidos por esta entidade en virtude do convenio de colaboración asinado entre as dúas partes.
  • Do custo da estadía de todos os participantes e da viaxe dos procedentes de fóra de España e Portugal desde os lugares de partida fixados pola secretaría xeral ata os aeroportos de Galicia e ao lugar de impartición dos obradoiros.
  • Os participantes que residan en España e Portugal recibirán unha axuda de custo para a viaxe en función da distancia entre o seu lugar de residencia e Santiago de Compostela.
  • Salvo manifestación en contra das persoas beneficiarias, a Secretaría Xeral de Emigración xestionará a estadía e, de ser o caso, o desprazamento dos beneficiarios dos programas.
Contacto:
  • Servizo de Tramitación de Axudas aos Centros e Comunidades Galegas
    Secretaría Xeral de Emigración (Xunta de Galicia)
    Basquiños, nº 2
    SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15704 (España)
    Tel. 981 957162-981957159
    Fax: 981 957399
    E-mail: entidadesgalegas@xunta.es.
Información adicional:

Datas e lugares

Santiago de Compostela
  • Días: 7-16 de xullo
  • Lugar: Seminario Maior. Praza da Inmaculada, 5 - 15704 Santiago de Compostela

Corrección de erros: no Anexo II da Convocatoria de Escolas Abertas publicado no DOG o 30/04/08 na modalidade de baile tradicional galego onde di as cidades de “Bos Aires e Caracas” debe figurar unicamente a cidade de “Bos Aires”.


El tipo mime del documento es: application/pdfResolución do 21 de abril de 2008 [gl]
Resolución do 21 de abril de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se convoca o Programa de escolas abertas presenciais 2008 destinadas aos cidadáns galegos residentes no exterior.
El tipo mime del documento es: application/pdfAnexos (versión online para imprimir) [gl]
Podes redactar directamente sobre o formulario os datos e a continuación enviar o documento a imprimir coa información cumplimentada
El tipo mime del documento es: application/pdfAnexos [gl]
Anexos do programa: Programa de escolas abertas presenciais 2008