Seminarios de baile, música e cociña tradicional galegaNome do programaSeminarios de baile, música e cociña tradicional galega ObxectivoA Secretaría Xeral de Emigración, co obxectivo de potenciar os costumes e tradicións galegas, convoca distintos programas formativos de baile, música e cociña tradicional galega, que se realizarán nas entidades galegas do exterior, de xeito que se manteña viva a nosa identidade e se promocione a nosa cultura na Galicia exterior ResoluciónResolución do 26 de maio de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se convocan e se regulan os seminarios de baile, música e cociña tradicional galega, dirixidos ás entidades galegas do exterior durante o ano 2008. DestinatariosPoderán solicitar estes seminarios as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, ou ben unha agrupación, federación ou unión destas entidades, co fin de poñer en común os medios e recursos dispoñibles Serán estas entidades as que propoñan os posibles beneficiarios do seminario entre os galegos ou descendentes de galegos, así como aquelas persoas interesadas no feito cultural de Galicia e que participen nas actividades do grupo folclórico da entidade Programas convocados
ConvocatoriaDiario Oficial de Galicia Nº 108, 5 de xuño de 2008. Promovido porSecretaría Xeral de Emigración Prazo de presentaciónAta o 7 de xullo de 2008. As solicitudes dirixiranse á Secretaría Xeral de Emigración. Ano2008 Información adicional:
|
| Resolución do 26 de maio de 2008 | [gl] | |
| Resolución do 26 de maio de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se convocan e se regulan os seminarios de baile, música e cociña tradicional galega, dirixidos ás entidades galegas do exterior durante o ano 2008. | ||
| Modelo da solicitude con todos os anexos (Versión para cubrir on line) | [gl] | |
| Podes redactar directamente sobre o formulario os datos e a continuación enviar o documento a imprimir coa información cumplimentada | ||
| Anexos | [gl] | |