Cal é o obxectivo deste manual:Informar, asesorar e guiar ao lector sobre os mecanismos, procedementos e normas existentes no noso país para a contratación de traballadores estranxeiros. A quen vai dirixido este manual:- A usuarios en xeral que teñan interese en coñecer como se regula a integración dos estranxeiros no noso mercado laboral.
- A técnicos de emprego das entidades locais que desexen utilizar este manual tanto como material de consulta, como material a utilizar para as súas accións formativas.
- A asociacións e entidades que no eido local teñan interese na contratación de traballadores estranxeiros.
- A asociacións e colectivos empresariais que teñan interese na contratación de traballadores estranxeiros.
- En xeral, a calquera persoa ou colectivo que teña necesidade ou interese en coñecer mellor as posibilidades que existen para contratar traballadores estranxeiros e utilizar este manual tanto como material de consulta, como material a utilizar para as súas accións formativas.
Máis información:Nos arquivos adxuntos, dispoñibles para a súa descarga. Preséntase o manual en dous formatos diferentes: - O primeiro deles en formato pdf para unha consulta máis rápida e sinxela
- O segundo en formato ppt (Power Point) para poder utilizalo como recurso didáctico, de consulta ou como documento de traballo (Ex: un técnico de emprego local poderá utilizalo para as súas accións formativas e informativas podendo facer modificacións na propia presentación para adaptala á actividade formativa en cuestión)
|