Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Publicacións informativas sobre a sida e a tuberculose

Publicacións informativas sobre a sida e a tuberculoseComo consecuencia do protocolo de colaboración asinado entre a Consellería de Sanidade e a Secretaría Xeral de Emigración, publícanse neste portal estas dúas publicacións informativas sobre a sida e a tuberculose. No primeiro caso, a publicación "A infección polo VIH e a sida" ten como obxectivo contribuir a aclarar dúbidas sobre a infección polo VIH, desde unha óptica que respete a moral e a ética individual, así como as variadas opcións vivenciais das distintas persoas que compoñemos a sociedade, favorecendo actitudes positivas ante este problema. Sobre todo o que se quere é facer fincapé na importancia da prevención para combatir esta enfermidade.

A publicación "Coñecer a tuberculose" trata os aspectos básicos desta enfermidade, desde a súa detección ata os factores que deben ter en conta os familiares ou convivintes do enfermo.

Máis información nas publicacións adxuntas:

El tipo mime del documento es: application/pdfFolleto "Coñecer a tuberculose" [gl]
Coñecer a enfermidade, desde o seu contaxio ata precaucións no domicilio do enfermo.
El tipo mime del documento es: application/pdfFolleto sobre a sida [gl]
Elaborada co obxectivo de contribuir a aclarar dúbidas sobre a infección polo VIH, focalizando ademais na importancia da prevención