Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Realización de accións informativas na Galicia exterior

Nome do programa

Axudas para a realización de accións informativas na Galicia exterior

Obxetivo

O obxecto deste programa é financiar a realización de actividades en radio, televisión e medios informativos dixitais que promovan a nosa cultura nas súas distintas manifestacións e un mellor coñecemento da realidade do noso país e que teñan como destinatarios as colectividades e emigrantes galegos no exterior.

Actuacións subvencionables.

Poderanse subvencionar, sempre que teñan unha proxección exterior, as seguintes actividades:

  • Produción e realización de programas radiofónicos ou televisivos dirixidos á Galicia exterior.
  • Actividades relacionadas co xornalismo dixitaldirixidas á Galicia exterior.

Resolución

Resolución do 12 de febreiro de 2007, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establecen e regulan as subvencións para a realización de actividades informativas destinadas ás colectividades e emigrantes galegos no exterior.

Destinatarios

Poden solicitar e recibir subvencións as persoas físicas e xurídicas, nacionais ou estranxeiras, que sexan titulares de medios de comunicación social en que non sexa maioritaria a participación dunha ou diversas administracións públicas, que promovan ou realicen iniciativas en materia de comunicación social.

Convocatoria

Diario Oficial de Galicia, do 19 de febreiro de 2007.

Promovido por

Secretaría Xeral de Emigración

Prazo de presentación

Ata o 2 de abril de 2007. As solicitudes dirixiranse á Secretaría Xeral de Emigración.

Tipo de axuda

Económica.

Observacións

A acción subvencionada deberá ser executada durante o ano 2007.

Contacto
  • Secretaría Xeral de Emigración
    Servizo de Tramitación de Axudas aos Centros e Comunidades Galegas
    Teléfonos: 981957162 - 981957159
  • Fax: 981957399
  • Correo electrónico: entidadesgalegas@xunta.es
Ano: 2007
Información adicional:

Consultar a resolución.


El tipo mime del documento es: application/pdfModelo de solicitude para imprimir [gl]
Modelo de solicitude para participar no programa "Realización de accións informativas na Galicia exterior"
El tipo mime del documento es: application/pdfResolución do 12 de febreiro de 2007 [gl]
Resolución do 12 de febreiro de 2007, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establecen e regulan as subvencións para a realización de actividades informativas destinadas ás colectividades e emigrantes galegos no exterior.