Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Pensionistas

Terán dereito á asistencia sanitaria aqueles pensionistas:

a. Que perciben a súa pensión da Seguridade Social española.

Aínda que cobre unha pequena cantidade de España, ten dereito a recibir en España a asistencia sanitaria como pensionista. É obriga do pensionista comunicar ao INSS calquera variación (como puidera ser o caso dun pensionista que viñera a residir a España) para ser dado de alta en asistencia sanitaria e para poderlle enviar as notificacións ao novo enderezo. Ademais, poderá ter dereito a un complemento na súa pensión no caso de que a suma das pensións que reciba non acade o mínimo establecido para as persoas da súa condición e idade, sempre que cumpra os requisitos esixidos.

b. Que perciben a súa pensión dun país do Espazo Económico Europeo.

Cando un emigrante retorne a España deberá ter no seu poder os formularios E-121, que lle facilitará o país do que é pensionista, e os presentará no INSS, para darlle a alta na asistencia sanitaria en España ao titular e aos beneficiarios que tivesen dereito segundo a lexislación nacional.

c. Que perciben a súa pensión dun país co que España ten o Convenio de Seguridade Social que contempla o intercambio de prestacións de asistencia sanitaria (Andorra, Brasil, Chile, Ecuador, Marrocos, Paraguai, Perú e Tunicia).

Ten que traer, do país do que recibe a pensión, un formulario de dereito a asistencia sanitaria en España. Desta forma, a Seguridade Social española cobraralle ao país emisor o establecido por dar a cobertura en España a o pensionista e aos beneficiarios que podan estar incluídos na súa cartilla, segundo a lexislación española.

Deberán presentar os correspondentes formularios no INSS.

Formularios:

  • Andorra: formulario E/AND-7
  • Brasil: formulario EB-2
  • Chile: formulario E/CHL-09
  • Ecuador: formulario EE-6
  • Marrocos: formulario EM-7

A Dirección Provincial ou o Centro de Atención e Información del INSS (CAISS) facilitaralles o documento de asistencia sanitaria previsto para os pensionistas da Seguridade Social, excepto no caso de Ecuador que poderán acudir co formulario e unha fotocopia do mesmo aos centros sanitarios da Seguridade Social española.

d. Que perciben a súa pensión da Seguridade Social Suíza.

Cando retornan a España poden optar por:

  • Subscribir un Convenio Especial en materia de asistencia sanitaria coa Tesorería Xeral da Seguridade Social (Orde TAS/2865/2003), neste caso están exentos da afiliación ao seguro de enfermidade suízo.
  • Tamén poden solicitar a algunha das caixas de enfermidade suiza un formulario E-121 para a cobertura de dita prestación.

En ambos casos poderán solicitar o recoñecemento da inclusión dos requisitos esixibles conforme a lexislación interna española.

En ambas situacións abonarán a cuota establecida polo Organismo elexido.

Voltar