Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Bolsas

a. Bolsas

Secretaría Xeral de Emigración


Axudas para estudos universitarios destinadas a emigrantes galegos ou os seus descendentes.

Obxecto: potenciar a realización de estudios universitarios de 1º, 2º, ou 3º ciclo (etapa de formación) nas facultades e escolas técnicas superiores de Galicia polos galegos, os seus fillos e netos, con residencia familiar no estranxeiro, que non teñan acabada a súa primeira carreira, con especiais aptitudes para o estudo e carentes de medios económicos suficientes para conseguir o seu primeiro título universitario.
Esta axuda se desenvolve en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

+ información: Secretaría Xeral de Emigración

 

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria financia diversas accións destinadas aos profesores e estudantes universitarios.

  • Axudas a estudantes con residencia fora de Galicia que se incorporen ao sistema universitario de Galicia.
    Obxecto: fomentar a mobilidade dos alumnos de fora da Comunidade Autónoma de Galicia, con residencia familiar no territorio nacional e con aproveitamento académico excelente, que desexen iniciar por primeira vez estudios presenciais en titulacións universitarias oficiais e con validez nacional nas universidades públicas do sistema universitario de Galicia.
  • Becas e axudas ao estudios de carácter especial para estudiantes galegos, descendentes de galegos ou residentes en Galicia que cursen estudos universitarios de 1º ou 2º ciclo, cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causadas sobrevidas e non previstas.
  • Créditos e prórrogas para o financiamento dos estudos universitarios de 1º ciclo, e 1º e 2º ciclo.
    Obxecto: facilitar aos estudantes créditos con baixos intereses para o financiamento dos seus estudos universitarios.
  • Créditos e prórrogas para o financiamento dos estudios universitarios de 3º ciclo (etapa de formación).
    Obxecto: facilitar aos estudantes créditos con baixos intereses para a finalización dos seus estudios universitarios de 3º ciclo, etapa de formación.
  • Becas e axudas para a asistencia a Congresos, Simposios, Seminarios ou Cursos de Verán.
    Obxecto: Facilitar aos estudantes universitarios recen titulados do Sistema Universitario Galego a asistencia a Congresos, Simposios, Seminarios ou Cursos de Verán organizados por Universidades públicas ou privadas ou outras institucións de recoñecido prestixio académico.
  • Premios Fin de carreira.
    Obxecto: facer un recoñecemento expreso da excelencia académica de aqueles estudantes matriculados en calquera dos Centro pertencentes a algunha das tres Universidades galegas.
  • Dúas becas para realizar estudos relacionados coa UE no Colexio de Europa (Bruxes e Natolín).
    Obxecto: contribuír a que os titulados universitarios galegos podan formarse e familiarizarse coas institucións, o dereito e a economía europea.
  • Becas de colaboración nos Departamentos das Universidades do Sistema Universitario de Galicia.
    Obxecto: facilitar que os alumnos do último curso das universidades galegas presten a súa colaboración nos Departamentos Universitarios, iniciándose en tarefas de investigación directamente relacionadas cos seus estudos.
  • Axudas para a mobilidade de estudantes das Universidades do Sistema Universitario de Galicia Adheridas ao Programa SICUE (Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios Españois).
    Obxecto: incentivar a mobilidade dos estudantes dos últimos cursos das Universidades do Sistema Universitario Galego, incrementado así a calidade e diversidade das ensinanzas recibidas, constituíndo un factor de integración e cohesión do Sistema Universitario Español.

+ información: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

 

b. Bolsas

 

Co fin de garantir a igualdade de todos os cidadáns no exercicio do dereito á educación, o Ministerio de Educación e Ciencia aproba anualmente becas e axudas de estudo que compensen as condicións socio-económicas desfavorables dos alumnos.

Becas nos niveis Universitarios e Medios

  • Para Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto, Diplomado, Mestre, Enxeñeiro Técnico, Arquitecto Técnico.
  • Curso de acceso á Universidade para maiores de 25 anos polas Universidades non presenciais.
  • Curso de adaptación para titulados do primeiro ciclo universitario que desexen proseguir estudos superiores oficiais.
  • Arte dramático, grao superior de Música e Restauración e Conservación de Bens Culturais.
  • Estudos de Turismo cursados en escolas oficiais.
  • Estudos cursados nos Institutos Nacionais de Educación Física.
  • Cursos de Orientación Universitaria e primeiro e segundo cursos de Bacharelato.
  • Formación Profesional de segundo grao, curso de ensinanzas complementarias e ciclos formativos.
  • Ensinanzas dos graos elemental e medio de Música e Danza, Ciclos Formativos en graos medio e superior de Artes Plásticas e Deseño e Ensinanzas de Artes Aplicadas e Oficio Artísticos.
  • Estudos Relixiosos.
  • Estudos de Idiomas realizados en escolas oficiais de titularidade das Administracións Públicas, incluída a modalidade a distancia.
  • Estudos militares.
  • Os demais estudos especiais, sempre que respondan a un plan de estudos ou currículo aprobado polo Ministerio de Educación e Ciencia ou polas Comunidades Autónomas para a obtención dun título con validez en todo o territorio nacional.

Tipos de Axuda

  • Axuda compensatoria.
  • Axuda por razón da distancia ao Centro docente.
  • Axuda para gastos de residencia do alumno fora do domicilio familiar durante o curso.
  • Axudas para gastos de material didáctico.
  • Axudas para taxas académicas.
  • Axudas para gastos determinados pola condición xurídica do Centro nas Ensinanzas Medias.
  • Axudas para gastos derivados da realización do Proxecto fin de carreira e exención da taxa oficiala de matrícula para Escolas Técnicas Superiores e Universitarias de Enxeñería e Arquitectura.

As contías determinaranse, anualmente, en función do tipo de beca de que se trate e características do solicitante, variando de acordo co establecido na orde de convocatoria que dite o Ministerio de Educación e Ciencia.

Solicitudes

  • Presentaranse acompañadas da documentación necesaria nos centros docentes onde se vaia a continuar os estudos.
  • Os Servizos Diplomáticos e Consulares de España, en Especial as Consellerías de Educación, informarán e prestarán a axuda necesaria para a correcta cumprimentación dos impresos oficiais.
  • Cando os ingresos ou resultados académicos a acreditar procedan dun país estranxeiro, os correspondentes órganos de selección requirirán ao solicitante a achega da documentación que consideren necesaria.

Incompatibilidades

  • O aproveitamento das becas será incompatible coas de carácter análogo procedentes da Dirección Xeral de Ordenación das Migracións.
  • Ningún alumno poderá percibir máis dunha beca, aínda que realizara simultaneamente outros estudos.
  • Son incompatibles con calquera que poda percibirse doutras entidades públicas ou privadas coa mesma finalidade.
  • Serán compatibles coas becas-colaboración convocadas polo Ministerio e tamén cos Programas ERASMUS e TEMPUS.

A concesión realizaras en función de criterios de carácter académico e económico.

+ información: Ministerio de Educación e Ciencia.

 

Voltar