Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Comunidades Galegas
Enlace á Guía Legal de retorno

Nova sección de actualidade no eido europeo

Novidades

Os europeos móvense

Europa móvese

Cada vez son máis as persoas que se desprazan libremente entre os países da UE, e a oportunidade de vivir e traballar no estranxeiro convirteuse nunha realidade para moitos europeos. A Comisión celebrou no 2006 o "Ano Europeo da Movilidade dos Traballadores" e, con este motivo, xurdiron numerosas iniciativas en toda Europa....

Máis información

Separador

Ano 2007: Ano europeo da igualdade de oportunidades

2007: ano europeo da igualdade de oportunidades

O Parlamento Europeo e o Consello da Unión Europea declararon o 2007 como o Ano Europeo da Igualdade de Oportunidades para todas as persoas. En España, o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais ofrece na súa páxina web a posibilidade de que as entidades interesadas se poidan inscribir e recibir información sobre as actividades a realizar ao longo do ano.

Máis información

Separador

A Unión Europea celebra os seus 50 anos de vida

A Unión Europea celebra os seus 50 anos de vida

Coa firma do Tratado de Roma o 25 de marzo de 1957 veu a luz a Unión Europea. Ao longo deste ano 2007 celebraranse diversos actos, tanto nas sedes oficiais dos organismos europeos como nos respectivos países membros.


Máis información

Separador

O programa "Erasmus" compre 20 anos de vida

O programa Erasmus compre 20 anos de vida

O programa de intercambio Erasmus, financiado pola Unión Europea, permite aos estudiantes cursar estudios nun país europeo que non sexa o seu nun periodo de entre 3 e 12 meses. Poden coñecer desta forma culturas diferentes e regresan con coñecementos renovados, mellor nivel de idiomas e lembranzas para toda a vida. Desde a súa creación, en 1987, 1,2 millóns de estudiantes disfrutaron dunha beca Erasmus no estranxeiro.


Máis información


Documentos de interese no eido das migracións

  • Directiva sobre a reagrupación familiar
    Esta Directiva ten por obxecto establecer as condicións nas que se exerce o dereito á reagrupación familiar dos nacionais dos terceiros países que residen legalmente no territorio dos Estados membros.
    Consulta o texto completo da directiva.

  • Libro Verde sobre o futuro da Rede Europea de Migración
    A REM (Red Europea de Migración) creouse en 2002 como acción experimental en resposta á necesidade de mellorar o intercambio de información sobre todos os aspectos da migración e o asilo.
    Consulta o texto completo do Libro Verde

  • Modelo uniforme de permiso de residencia
    A Unión Europea crea un modelo uniforme de permiso de residencia para os nacionais de terceiros países a través do Reglamento (CE) n° 1030/2002 do Consello, de 13 de xuño de 2002.
    Consulta o texto completo do Reglamento.

Voltar