Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Bernardo Barreiro de Vázquez

Un activo xornalista liberal na emigración

Retrato de Bernardo Barreiro de Vázquez

Naceu en Santiago de Compostela o 20 de xaneiro de 1850. Estivo dedicado profesionalmente á pintura decorativa.

Moi cedo comezou a inserir as súas poesías en xornais como "La Estrella Compostelana" e "La Aurora de Galicia". Militante republicano. Logo do triunfo da "Gloriosa" en 1868 fundou e dirixiu en Santiago o periódico "La Revolución". Tras o fracaso da I República en 1873 dedice emigrar á Arxentina. En 1877 regresa a Galicia, recuperando as colaboracións xornalísticas. Así, escribiu en "El Heraldo Gallego" (Ourense), "Diario de Santiago", "Gaceta de Galicia" (Santiago) e "Revista Compostelana".

En 1877 editou en Santiago o libro "Efemérides de Galicia", libro que encetaba a súa longa produción historiográfica. Novas persecucións políticas motivaron a súa decisión de volver emigrar á Arxentina. En Bos Aires formou parte da Comisión organizadora do Centro Gallego (1879), encargándose de redactar o regulamento desta entidade. Barreiro ocupou a presidencia da sección de instrución do Centro Gallego.

Foi colaborador do xornal "El Gallego", onde tivo ao seu cargo a sección "Efemérides de Galicia". Colaborou cos xornais de Bos Aires "La Pampa", "La Época" e "El Loro", con "La Unión Gallega" de Montevideo e "El Eco de Galicia" da Habana. En 1879 foi comisionado polo Goberno arxentino para pescudar en arquivos españois as probas que deran a razón á Arxentina nos conflitos territoriais cos seus veciños. As súas investigacións deron como froito a obra "Diplomática de la América Meridional". Barreiro xa non retornaría á Arxentina, estabelecéndose en Santiago. Na súa cidade natal foi director da revista "Galicia Diplomática".

O 15 de setembro de 1881 foi nomeado arquiveiro do Concello de Santiago de Compostela, pasando máis tarde a desempeñar igual cargo na Deputación da Coruña. Faleceu na Coruña o 27 de novembro de 1904.




ÁLBUM DA EMIGRACIÓN
O Álbum da Emigración recupera as figuras máis destacadas das colectividades galegas en América, así como as súas principales creacións. Unha achega á memoria da nosa emigración.

O ÁLBUM DA EMIGRACIÓN é un proxecto do Arquivo da Emigración Galega (contidos) e culturagalega.org (deseño)
Correo electrónico: aemigracion@consellodacultura.org
Tel: +34 981 557351 / Fax: +34 981 582985


Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega

OCUPACIÓN...

Artístico

Literario / Letras

Acción político - social

BIBLIOGRAFIA

VILANOVA RODRÍGUEZ, ALBERTO: Los gallegos en la Argentina Bos Aires: Ediciones Galicia, 1966, tomo II, p. 874.