Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Se tes algunha dubida sobre este programa, envíanos a túa consulta

Convocatoria de listas de formadores colaboradores 2008

Nome da convocatoria

Convocatoria de listas de formadores colaboradores

Características

Convocatoria de listas de formadores colaboradores para impartir seminarios fora de Galicia, para emigrantes galegos e os seus descendentes nas especialidades de folclore tradicional galego e cociña tradicional galega.

Resolución

Resolución do 13 de maio de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establece unha convocatoria de listas de formadores colaboradores para impartir seminarios fóra de Galicia, promovidas por esta secretaría xeral.

Candidatos

Poderán solicitar a súa inscrición como formador as persoas que posúan unha titulación e/ou experiencia profesional, competencia pedagóxica na/s área/s formativa/s, e reúnan os seguintes requisitos:

  1. Para os formadores que se inscriban nas actividades de folclore:

    • Estar en posesión da titulación oficial ou acreditar coñecementos suficientes que garantan de maneira fidedigna un alto grao de cualificación nas materias das cales aspiran a ser formadores.
    • Experiencia profesional: posuír experiencia profesional nas materias que se van impartir, tales como dirixir ou ser membro de grupos de baile, bandas de música.
    • Experiencia docente acreditada en organismos públicos ou privados.

  2. Para os formadores que se inscriban nas actividades de cociña:

    • Estar en posesión de titulación oficial en hostalaría ou acreditar coñecementos suficientes que demostren de maneira fidedigna un alto grao de cualificación nas materias das cales aspiran a ser formadores.
    • Experiencia profesional: posuír experiencia na hostalaría, que probe o coñecemento da gastronomía galega.
    • Experiencia docente acreditada en organismos públicos ou privados.
Convocatoria

Diario Oficial de Galicia (20/05/08)

Promovido por

Secretaría Xeral de Emigración

Prazo de inscrición:

Ata o 20 de xuño.

Áreas xeográficas de realización de actividades formativas

Os formadores poderán inscribirse nunha ou varias áreas xeográficas.

As áreas e países onde se realizarán os cursos, en función das convocatorias da Secretaría Xeral de Emigración, serán os seguintes:

  • España.
  • Europa: Alemaña, Bélxica, Francia, Países Baixos, Portugal, Principado de Andorra, Reino Unido e Suíza.
  • América: Arxentina, Brasil, Canadá, Chile, Costa Rica, Cuba, Ecuador, Estados Unidos, México, Panamá, Paraguai, Perú, República Dominicana, Uruguai e Venezuela.
Observacións

A partir da publicación das listas definitivas poderanse presentar novos méritos e novas solicitudes de inscrición dúas veces ao ano, unha antes da data do 15 de xuño, e outra antes da data do 15 de decembro. Rematado o prazo publicaranse as listas actualizadas. O estado da lista poderá ser consultado na páxina web da Secretaría Xeral de Emigración www.galiciaaberta.com.

Contacto
  • Secretaría Xeral de Emigración:
    Servizo de Atención Social aos Emigrantes
    Teléfonos: 981.545.880 - 981.545.547.269
    Fax: 981.957.055
    e-mail: accion.social.emigracion@xunta.es.

Ano: 2008

Información adicional

Consultar resolución

Resolucións e modelos a presentar


El tipo mime del documento es: application/pdfResolución do 13 de maio de 2008 [gl]
Resolución do 13 de maio de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establece unha convocatoria de listas de formadores colaboradores para impartir seminarios fóra de Galicia, promovidas por esta secretaría xeral.
El tipo mime del documento es: application/pdfAnexos [gl]