Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Curtas na Rede

II Concurso de curtometraxes na Rede

A Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, e o Consello da Xuventude de Galicia invítao a participar no II Concurso "Curtas na Rede".

Os participantes deberán realizar unha curtametraxe de xénero e técnica libre que non poderá exceder os 5 minutos, e deberá versar sobre as seguintes temáticas: xuventude, inmigración, medio ambiente ou visións alleas / visións nosas.

Para esta edición ábrese a categoría de micromovies. Nesta sección participarán filmes realizados coa cámara do teléfono móbil que non poderán exceder os 30 segundos e son de xénero e temática libre. Todas as persoas participantes terán a posibilidade de abrir unha bitácora referente ao seu filme e ás anécdotas da rodaxe.

O concurso está organizado pola Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual da Secretaría Xeral de Comunicación e polo Consello da Xuventude de Galicia, e a Secretaría Xeral de Emigración, coa colaboración da Compañía de Radiotelevisión de Galicia (programa Onda Curta), o Consorcio Audiovisual de Galicia e a Fundación R.

1. Obxetivos do concurso

Este concurso pretende cumprir os seguintes obxectivos:

  • Servir de escaparate de mostra da creación galega.
  • Promover o audiovisual galego non profesional.
  • Utilizar Internet como un espazo para a creación e para a comunicación.
  • Crear un punto de encontro da creatividade entre Galicia e Iberoamérica.
  • Poñer as redes sociais que xorden de Internet ao servizo da creatividade audiovisual.
  • Espallar a cultura audiovisual entre toda a xente sen importar a idade.
2. Canto dura

Comezará o 14 de febreiro de 2007 e rematará o 15 de setembro de 2007.

3. A quen vai dirixido?

A todas as persoas interesadas no mundo da creación audiovisual e multimedia.
Establécense tres categorías:

  • Categoría A: de 15 a 22 anos (4 premios de 1500€)
  • Categoría B: de 23 a 50 anos (4 premios de 1500€)
  • Categoría C: de 51 en adiante (4 premios de 1500€)

Ademáis de estos premios se darán tamén:

  • 2 Premios de 1500€ á Creatividade e á Orixinalidade
  • Varios premios do Publico

Ademais a CRTVG fará unha selección das curtametraxes premiadas para a súa emisión no programa Onda Curta.

4. Como me podo inscribir?

A inscrición é gratuíta e realízase a través do formulario na seguinte páxina web: http://www.curtasnarede.es

O prazo de inscrición está aberto dende o 14 de febreiro de 2007


El tipo mime del documento es: application/pdfCara A do folleto "Curtas na Rede" [gl]
Folleto coas normas e premios do II Concurso "Curtas na Rede"
El tipo mime del documento es: application/pdfCara B do folleto "Curtas na Rede" [gl]
Folleto coas normas e premios do II Concurso "Curtas na Rede"
El tipo mime del documento es: application/pdfCartel promocional de "Curtas na Rede" [gl]