Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Xornada sobre Plans locais de inmigración: Cidadanía e Progreso

Santiago de Compostela
20 de outubro de 2008
Hostal dos Reis Católicos

A aprobación e posta en práctica de plans no eido da inmigración por parte das entidades locais é fundamental para facilitar a integración social das persoas inmigrantes dun xeito efectivo.

A través desta xornada, que cofinanciou o Ministerio de Traballo e Inmigración, a Secretaría Xeral de Emigración persegue impulsar e apoiar a elaboración de plans locais de inmigración e de mecanismos de participación de ámbito local ou supralocal.

Na xornada abordaronse diferentes aspectos das políticas locais de inmigración e presentouse a Guía para a elaboración de plans locais no eido da inmigración, elaborada pola Secretaría Xeral de Emigración.

As ditas actuacións están previstas no Plan galego de cidadanía, convivencia e integración 2008- 2011, que recolle o apoio por parte da Secretaría Xeral de Enmigración á elaboración de plans locais no eido da inmigración.

Comité organizador:

Logo da Secretaria Xeral de EmigraciónMinisterio de Traballo e Inmigración

Estrella Rodríguez Pardo
Directora xeral de Integración dos Inmigrantes.

Nieves Díaz Domínguez
Xefa de Área da Unidade de Apoio da Dirección Xeral de Integración dos Inmigrantes.

Mª Dolores Domínguez Salcedo
Xefa do Servizo da Dirección Xeral de Integración dos Inmigrantes.

Logo do Ministerio de Traballe e InmigraciónSecretaría Xeral de Emigración

Manuel Luís Rodríguez González
Secretario xeral de Emigración.

Carlos Santiso Barros
Subdirector xeral de Planificación das Políticas de Retorno e de Inmigración.

Joan Ribot Margarit
Xefe do Servizo de Planificación e Formación.

Programa da Xornada de Plans locais de inmigración: Cidadanía e Progreso

Para acceder ao programa completo do evento preme eiquí.
Si tes algún problema para visualizalo dercargao facendo "Guardar como..." no teu navegador.

Intervencións e conferencias dos ponentes

- Cidadanía, integración e desenvolvemento local
   Carlos Giménez Romero
   Catedrático de Antropoloxía social e Director do IMEDES da Universidade Autónoma de Madrid.

- A convivencia intercultural en Sant Feliu de Llobregat
   Angels Perea Lanchares
   Responsable dos programas de participación, inmigración, solidariedade e irmandamentos do Concello de Sant Feliu de Llobregat.

- Experiencia na administración local: Concello de Almendralejo (Badajoz)
   Juana María Flores Trejo
   Traballadora social do Concello de Almendralejo.

- Consorcio As Mariñas
   Domingo Bayo Rodríguez
   Director do plan coordinador de servizos sociais do Consorcio das Mariñas.

- AIDA Asociación no gubernamental sen ánimo de lucro
   Aby Ndiayez
   Representante da Asociación de integración e axuda ao africano.

- A acollida, un elemento clave da integración social
   Fernando Martínez Santamaría
   Xefe do Servizo do Observatorio da Inmigración da Comunidade de Madrid.

- DONOSTIA ELKARREKIN I. Plan de Actuación en inmigración
   Antton Arka
   Técnico de inserción social do Concello de San Sebastián.

- Proceso e experiencia aragonesa sobre plans locais de inmigracion
   Javier Escartín Sesé
   Traballador social do Servizo de Inmigración do Goberno de Aragón.

- I Plan Municipal integral para a integración de inmigrantes e a convivencia: CONVIVE
   Montserrat Carabelos Casalderrey
   Traballadora social do Concello de Vilaboa.

- ONGD galega para a Integración do Inmigrante e a Cooperación Internacional
   Francisco Hurtado Durán
   Director de Organización de Ecos do Sur (ONGD).

- A Guía para a elaboración de plans locais no eido da inmigración: unha ferramenta cará á mellora das políticas municipais
   Joan Ribot Margarit
   Xefe do Servizo de Planificación e Formación da Secretaría Xeral de Emigración.