Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Convocatoria de probas para a obtención dos certificados de profesionalidade en determinadas ocupacións

A Consellería de Traballo, publica no Diario Oficial de Galicia do 15 de outubro a Orde do 3 de outubro de 2007 pola que se convoca a realización das probas para a obtención dos certificados de profesionalidade en determinadas ocupacións. O obxectivo destas probas é que as persoas dispoñan dunha certificación oficial e con validez a nivel nacional, que acredite a competencia profesional que efectivamente posúen, e que adquiriron mediante a experiencia laboral ou mediante aprendizaxes non formais. A mencionada orde inclúe:

Convocatoria de 50 prazas para a obtención do certificado de profesionalidade nas seguintes ocupacións:
  • Traballador forestal
  • Xardineiro
  • Electrónico de Mantemento
  • Mecánico de Vehículos Lixeiros

Convocatoria de 300 prazas para a obtención do certificado de profesionalidade na ocupación de:
  • Auxiliar de axuda a domicilio

Requisitos xerais e documentación para acceder á realización das probas:
  • Ser español, nacional dalgún dos países da Unión Europea ou nacional doutro dos estados signatarios do acordo sobre o espazo económico europeo ou estranxeiro con autorización de permiso de residencia e de traballo ou coa habilitación administrativa correspondente.
  • Ter 16 anos cumpridos
  • Presentar a solicitude no modelo normalizado que figura no anexo IV
  • Aboar unha taxa de 31.37 euros da cal quedan exentas as persoas traballadoras inscritas como desempregadas nas oficinas de emprego ou aquelas que acrediten unha discapacidade en grao igual ou superior ao 33 por cento.
Ademais destes requisitos xerais a persoa solicitante deberá cumprir outros requisitos contemplados na orde.

Características das probas:
Realizarase unha proba teórica e outra práctica para cada unha das unidades de competencia que compoñen os certificados de profesionalidade obxecto desta convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes:
Ata o 14 de novembro


Máis información: