Consellería de EmigraciónOrganismo: Secretaría XeralSumario:Orde do 25 de abril de 2005 pola que se crean varios ficheiros automatizados de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Emigración.
O artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE nº 298, do 14 de decembro), especifica que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só se poderán facer por medio da disposición xeral correspondente. Na súa virtude, a Consellería de Emigración Dispón:Primeiro.-Mediante esta orde a Consellería de Emigración crea os ficheiros especificados no anexo, que conteñen a información esixida no artigo 20.2º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal para as disposicións de creación dos ficheiros. Segundo.-O titular do órgano responsable destes ficheiros adoptará as medidas de xestión e organización que sexan necesarias, asegurando a confidencialidade, os dereitos e as obrigas recoñecidos na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro. Terceiro.-Os datos de carácter persoal, rexistrados nos ficheiros da Consellería de Emigración ó que se refire o anexo, só serán utilizados para os fins expresamente previstos e por persoal debidamente autorizado. Cuarto.-Os datos só poderán ser cedidos nos supostos expresamente previstos pola lei. AnexoOs ficheiros de nova creación da Consellería de Emigración, son os seguintes: - Raíces-GaliciaAberta
- Finalidade do ficheiro: permitir poñer en contacto, a través do Portal Web da Conselleria de Emigración, a usuarios rexistrados que estean interesados en buscar a algunha persoa.
- Persoas ou colectivos afectados: usuarios do portal web da Consellería de Emigración.
- Medidas de seguridade con indicación do nivel esixible: básico.
- Estructura básica: base de datos.
- Tipos de datos:
-Datos de carácter identificativo: nome e apelidos, enderezo (postal , electrónico) país. - Órgano responsable do ficheiro:
-Responsabilidade compartida entre a Dirección Xeral de Emigración e a Dirección Xeral de Inmigración, adscritas á Consellería de Emigración. - Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderanse exercer, se é o caso, ante a unidade ou dependencia responsable do ficheiro, sita na rúa Os Basquiños, número 2, 15704 Santiago de Compostela.
- Procedemento de recollida de datos: transmisión electrónica e internet.
-Soporte utilizado para a obtención: vía telemática. - Cesións previstas: ningunha.
- Tramitación de axudas-GaliciaAberta
- Finalidade do ficheiro: permitir ós destinatarios das axuda a xestión on line das súas solicitudes.
- Persoas ou colectivos afectados: usuarios do portal web da Consellería de Emigración.
- Medidas de seguridade con indicación do nivel esixible: básico.
- Estructura básica: base de datos.
- Tipos de datos:
-Datos de carácter identificativo: DNI, nome e apelidos, e dirección (postal, electrónica). - Órgano responsable do ficheiro:
-Consellería de Emigración. -Dirección Xeral de Emigración. - Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderanse exercer, se é o caso, ante a unidade ou dependencia responsable do ficheiro, sita na rúa Os Basquiños, número 2,
15704 Santiago de Compostela. - Procedemento de recollida de datos: transmisión electrónica.
- Cesións previstas: ningunha.
- Foros-GaliciaAberta
- Finalidade do ficheiro: permitir o intercambio de ideas, opinións, actividades e información relacionada coa temática do portal.
- Persoas ou colectivos afectados: usuarios do portal web da Consellería de Emigración.
- Medidas de seguridade con indicación do nivel esixible: básico.
- Estructura básica: base de datos.
- Tipos de datos:
-Datos de carácter identificativo: nome e apelidos, enderezo (postal, electrónico). - Órgano responsable do ficheiro:
-Consellería de Emigración. - Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderanse exercer, se é o caso, ante a unidade ou dependencia responsable do ficheiro, sita na rúa Os Basquiños, número 2,
15704 Santiago de Compostela. - Procedemento de recollida de datos: transmisión electrónica.
- Cesións previstas: ningunha.
- Tablón de anuncios-GaliciaAberta
- Finalidade do ficheiro: permitir a publicación de anuncios con información relacionada coa temática do portal.
- Persoas ou colectivos afectados: usuarios do portal web da Consellería de Emigración.
- Medidas de seguridade con indicación do nivel esixible: básico.
- Estructura básica: base de datos.
- Tipos de datos:
-Datos de carácter identificativo: nome e apelidos, enderezo (postal, electrónico). - Órgano responsable do ficheiro:
-Consellería de Emigración. - Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderanse exercer, se é o caso, ante a unidade ou dependencia responsable do ficheiro, sita na rúa Os Basquiños, número 2,
15704 Santiago de Compostela. - Procedemento de recollida de datos: transmisión electrónica.
- Cesións previstas: ningunha.
- Postales-GaliciaAberta
- Finalidade do ficheiro: permitir o envío de postais telemáticas.
- Persoas ou colectivos afectados: usuarios do portal web da Consellería de Emigración.
- Medidas de seguridade con indicación do nivel esixible: básico.
- Estructura básica: base de datos.
- Tipos de datos:
-Datos de carácter identificativo: nome e apelidos, enderezo (postal, electrónico), e outros (alias). - Órgano responsable do ficheiro:
-Consellería de Emigración. - Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderanse exercer, se é o caso, ante a unidade ou dependencia responsable do ficheiro, sita na rúa Os Basquiños, número 2,
15704 Santiago de Compostela. - Procedemento de recollida de datos: transmisión electrónica.
- Cesións previstas: ningunha.
- Suscripción a eventos-GaliciaAberta
- Finalidade do ficheiro: permitir o envío telemático de información relacionada (novedades e eventos) a usuarios registrados.
- Persoas ou colectivos afectados: usuarios do portal web da Consellería de Emigración.
- Medidas de seguridade con indicación do nivel esixible: básico.
- Estructura básica: base de datos.
- Tipos de datos:
-Datos de carácter identificativo: nome e apelidos, enderezo (postal, electrónico). - Órgano responsable do ficheiro:
-Consellería de Emigración. - Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderanse exercer, se é o caso, ante a unidade ou dependencia responsable do ficheiro, sita na rúa Os Basquiños, número 2,
15704 Santiago de Compostela. - Procedemento de recollida de datos: transmisión electrónica.
- Cesións previstas: ningunha.
Disposición derradeiraEsta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 25 de abril de 2005. Aurelio Miras Portugal Conselleiro de Emigración Insírase no D.O.G.O Secretario Xeral Antonio Díaz Otero. |