Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Delegación da Xunta en Bos Aires

A creación da Delegación en Bos Aires foi aprobada polo Consello da Xunta no mes de xullo do 2007, mediante un decreto que fixa entre as súas funcións defender e garantir en Arxentina unha presenza institucionalizada do Goberno de Galicia, da súa cultura, da súa lingua, da súa economía e da cooperación exterior. Esta oficina terá catro áreas de actuación básicas: a atención á cidadanía galega, a promoción da lingua e da cultura, a promoción e as relacións económicas e a cooperación ao desenvolvemento, contribuíndo a reforzar así a presenza internacional da Comunidade Autónoma.

Contacto
  • C./ 25 de Mayo 555 PB
    C1001 AAA - Bos Aires
    República Arxentina
  • Teléfono: +54 114 3116373
  • Fax: +54 114 3130476
  • email: delegacion.buenosaires@xunta.es