Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Traslado do mobiliario e efectos persoais

Os titulares de bens e efectos persoais procedentes de países non comunitarios que trasladen a súa residencia definitiva ao territorio peninsular ou ás Illas Baleares, deben solicitar a importación con franquía de dereitos e impostos ante a Aduana española.

Enténdese por bens persoais: mobiliario, bicicletas, automóbiles, avións ou embarcacións de uso privado, caravanas, etc... Tamén os instrumentos portátiles necesarios para o exercicio da profesión ou oficio e dos animais domésticos que convivan no fogar.

No caso de traslado de automóbiles:

  • Poderáse solicitar a franquía fiscal se os automóbiles foron utilizados polos seus propietarios na súa antiga residencia como mínimo durante 6 meses antes do traslado e adquiridos e importados nas condicións normais de tributación, non beneficiándose de ningunha exención ou devolución das cotas devengadas no momento de saída do país.
  • O prazo ampliarase a 12 meses se a adquisición foi feita beneficiándose das exencións establecidas nos réximes diplomático ou consular, ou a favor de membros de Organizacións Internacionais con sede no país de procedencia dos interesados.
  • Ao solicitar a matriculación, estarán exentos do pago do Imposto de Matriculación os automóbiles pertencentes ás persoas que retornen definitivamente ao territorio español, cumprindo determinadas condicións e solicitando o impreso correspondente na Delegación da Axencia Estatal da Administración Tributaria do domicilio fiscal ao que pertenza. O prazo para solicitar a exención é de 30 días desde que o automóbil se introduce en España.

Voltar