Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Empadroamento

Todo español residente no estranxeiro que traslade a súa residencia a territorio español deberá solicitar, como primeiro paso, a Alta no Padrón Municipal do concello onde vaia a fixar a súa residencia, xa que todas as persoas que vivan en España teñen tanto o dereito como o deber de estar empadroadas, é dicir, inscritas no concello da localidade onde residan. Para iso, terán que achegar, os documentos que acrediten a súa residencia no concello: contrato de aluguer, escritura da propiedade dunha vivenda, contrato de luz...

Este é un requisito necesario para a solicitude de distintas axudas e para o recoñecemento de distintos dereitos a favor dos retornados.

As oficinas do padrón dos distintos concellos poderán proporcionar información útil para todas esas cuestións.

Voltar