¿A que persoas se aplica o Convenio?Aos traballadores de cada unha das Partes, aos seus familiares e superviventes. ¿Que prestacións se inclúen no Convenio?O Convenio aplícase ás seguintes prestacións: En relación con España:
Ás seguintes prestacións de carácter contributivo do sistema da Seguridade Social: - Prestacións económicas por maternidade
- Prestacións por invalidez, vellez, morte e supervivencia.
- Prestacións económicas derivadas de accidente de traballo e enfermidade profesional.
En relación con Arxentina:Ás lexislacións relativas ás prestacións contributivas da Seguridade Social: - O réxime de Asignacións Familiares no que se refire exclusivamente á Asignación por Maternidade.
- Os réximes de Xubilacións e Pensións baseadas no Sistema de Reparto ou na Capitalización individual.
- O réxime de Riscos do Traballo.
Respecto a estas prestacións hai que ter en conta que:- Para adquirir as prestacións de carácter contributivo previstas no Convenio pódense sumar os periodos de seguro cumpridos en España e en Arxentina.
- As prestacións económicas de carácter contributivo poderanse percibir con independencia de que se resida ou se atope en España ou en Arxentina.
- Cada país abonará as súas propias prestacións directamente ao beneficiario.
- As persoas que reúnan os requisitos esixidos polas lexislacións de ambos os dous países para ter dereito a pensión contributiva, poderán percibir esta de cada un deles.
MaternidaePara o recoñecemento destas prestacións sumaranse, se é necesario, os periodos de seguro acreditados en ambos os dous países. Invalidez, Vellez ou Supervivencia- Pensións da Seguridade Social española e xubilacións e pensións do sistema de reparto de Arxentina. Cada país examinará por separado a solicitude de prestación na forma seguinte:
- Comprobarase se o interesado alcanza dereito á pensión tendo en conta únicamente os periodos de seguro propios, sen sumar os do outro país. - Asemade, calcularase a prestación sumando aos periodos de seguro propios os acreditados no outro país. Neste suposto, o importe da prestación non será íntegro, senón segundo a proporción existente entre os periodos de seguro cumpridos no país que a otorgue e a suma dos periodos de España e Arxentina. - Compararanse as prestacións calculadas segundo o indicado nos apartados anteriores e cada país recoñecerá e abonará a prestación que sexa máis favorable ao interesado. - Xubilacións e pensións do sistema de capitalización individual arxentino:
- Os traballadores afiliados a unha Administradora de Fondos de Xubilacións e Pensións terán dereito a prestacións con cargo ao importe acumulado nas súas contas de capitalización individual. - Ditas prestacións adicionaranse ás prestacións a cargo do Réxime Previsional Público ou de Reparto arxentino, se reúne os requisitos esixidos na lexislación arxentina.
Accidente de Traballo e Enfermidade ProfesionalA prestación determinarase polo país a cuxa lexislación estivera suxeito o traballador na data de producirse o accidente ou de contraerse a enfermidade. Solicitude de prestacións As solicitudes de prestacións españolas e arxentinas deberán dirixirse á Institución competente do país onde resida o interesado. En España: - O Centro de Atención e Información da Seguridade Social máis próximo ao seu domicilio (Instituto Nacional da Seguridade Social) ou
- as Direccións Provinciais do Instituto Social da Marina, cando se trate de traballadores incluidos no Réxime Espeical dos Traballadores do Mar.
En Arxentina: - A Administración Nacional da Seguridade Social (ANSES) (UDAI - Convenios Internacionales)
Atención: Se o interesado ou os seus causantes residen nun terceiro Estado deberán dirixir a súa solicitude á Institución do país (España ou Arxentina) baixo cuxa lexislación aquel estivo asegurado por última vez.Para máis información consulta o texto completo do Convenio: |