¿A que persoas se aplica o Convenio?
Ás persoas que estén ou estiveran sometidas á Lei de Seguro de Vellez ou ao Réxime de Pensións de Canadá ou que traballen ou tiveran traballado en España e ás persoas ao seu cargo e aos seus superviventes.
¿Que prestacións se inclúen no Convenio?
Información Xeral
O Convenio aplícase ás seguintes pretacións:
En relación con España:Ás seguintes prestacións do sistema da Seguridade Social:
- Prestacións por incapacidade permanente que non teña a súa causa en accidente de traballo ou enfermidade profesional.
- Prestacións por vellez.
- Prestacións por morte e supervivencia que non teñan a súa causa en accidente de traballo ou enfermidade profesional
- Prestacións familiares.
En relación con Canadá:Aplíacase ás seguintes prestaciósn incluidas nas lexislacións do Seguro de Vellez e do Réxime de Pensións de Canadá. Respecto a estas prestacións hai que ter en conta que:
- Para adquirir as prestacións previstas no Convenio pódense sumar os periodos de seguro españois e os periodos de residencia cumpridos en Canadá.
- As prestacións económicas, con excepción das non contributivas españolas, poderanse percibir con independencia de que o interesado resida ou se atope en España ou en Canadá.
- Cada país abonará as súas propias prestaciós directamente ao beneficiario.
- As persoas que reúnan os requisitos esixidos polas lexislacións de ambos os dous países para ter dereito a pensión contributiva, poderán percibir esta de cada un deles.
Prestacións da Seguridade Social española
- A Institución competente española examinará a solicitude de prestación tendo en conta únicamente os periodos de seguro cumpridos en España, e se acada dereito a pensiíon sen necesidade de sumar os periodos de seguro ou de residencia en Canadá, concederáselle esta.
- Se o interesado non acada dereito segundo o indicado no párrafo anterior, dita Institución sumará os periodos de seguro ou residencia acreditados en Canadá. Neste suposto, o importe da pensión non será íntegro sernón segundo a proporción existente entre os periodos de seguro cumpridos en España e a suma dos periodos de ambos os dous países.
Prestaciósn da Seguridade Social canadiense
A Institución competente canadiense examinará a solicitude de prestación tendo en conta únicamente os periodos de residencia ou de cotización de Canadá, e se acada dereito á pensióin sen necesidade de sumar os periodos españois, concederá esta.
- Lei de Seguro de Vellez
Se, segundo o párrafo anterior, a persoa non acada dereito a percibir a pensión polos periodos de residencai canadienses, totalizaranse os periodos de residencia españois. De igual modo, se o interesado non acada dereito a percibir a pensión fóra de Canadá, segundo os periodos de residencia canadienses, totalizaranse os periodos de residencia españois. Nestes supostos, a cuantía da pensión abonable calcularase sobre os periodos de residencia canadienses. - Réxime de Pensións de Canadá
Se o interesado non acada dereito á pensión polos periodos cotizados neste Réxime, a Institución competente canadiense sumará os periodos cotizados en España. A cuantía de dita prestación calcularase multiplicando a cuantía determinada segundo a lexislación canadiense pola fracción resultante da relación entre os periodos de cotización efectivos ao Réxime de Pensións de Canadá e o periodo mínimo requerido para ter dereito a esa prestación.
Solicitude de prestacións
As solicitudes de prestacións españolas e canadienses deberán dirixirse á Institución competente do país onde resida o interesado.
En España:
- O Centro de Atención e Información da Seguridade Social máis próximo ao seu domicilio (Instituto Nacional da Seguridade Social) ou
- as Direccións Provinciais do Instituto Social da Marina, cando se trate de traballadores incluidos no Réxime Especial de Traballadores do Mar.
En Canadá:
- International Operations Division. Income Security Programas Branch. Departmento of National Health and Welfare.
Outros datos de interese - A aplicación do Convenio permite o exame do dereito a prestacións por continxencias que tiveran lugar con anterioridade á data da súa entrada en vigor, sempre que non supoñan un pago a tanto alzado.
Para máis información consulta o texto completo do Convenio: |