Subvencións a entidades sen ánimo de lucro para realización de accións de acollida e integración no 2008 |
A incorporación á Unión Europea e a existencia dun espazo único dentro dela con fronteiras compartidas de cara ao exterior e liberdade de circulación dentro do seu territorio, dá lugar á consideración dun novo status supranacional e, desde a perspectiva comunitaria, de persoas inmigrantes de países extracomunitarios. Este status administrativo supón, en moitos casos, que persoas de fóra da Unión Europea se vexan en determinadas situacións que precisan de asistencia desde un punto de vista de acollida e integración no territorio comunitario. Dentro deste marco dáse cabida a entidades sen ánimo de lucro que realicen actividades e accións a prol da integración dos inmigrantes extracomunitarios. Neste ámbito, no ano 2006, publicouse por primeira vez, unha resolución pola que se regulaba a concesión de axudas, en concorrencia competitiva, a este tipo de entidades para a realización de proxectos destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma galega. Neste ano 2008, seguindo a liña iniciada no ano 2006, volve publicarse unha resolución de axudas dirixidas a estas entidades sen ánimo de lucro, adaptando os eixes e programas ao acordado no marco de cooperación para o ano 2008 examinado polo Consello Superior de Política Inmigratoria o 5 de febreiro de 2008. O financiamento das axudas previstas nesta resolución de convocatoria farase con cargo aos créditos das aplicacións orzamentarias 04.50.312C.481.0 e 04.50.312C.781.0 que figuran na Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2008. ResoluciónResolución do 5 de xuño de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma galega durante o ano 2008. ConvocatoriaDiario Oficial de Galicia Nº113, do 12 de xuño de 2008 Prazo de presentaciónAta o 14 de xullo de 2008 Requisitos das entidades solicitantes:As subvencións que se convocan por esta resolución poderán ser solicitadas por aquelas entidades sen ánimo de lucro con personalidade xurídica propia, que cumpran, na data do remate do prazo de presentación de solicitudes, os requisitos establecidos na resolución correspondente. SolicitudesAs solicitudes e documentación correspondente remitiranse a:
Ano2008 Información adicional
|
| Resolución do 5 de xuño de 2008 | [gl] | |
| Resolución do 5 de xuño de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma galega durante o ano 2008. | ||
| Modelo da solicitude con todos os anexos (Versión para cubrir on line) | [gl] | |
| Podes redactar directamente sobre o formulario os datos e a continuación enviar o documento a imprimir coa información cumplimentada | ||
| Logotipo oficial da Secretaría Xeral de Emigración (En formato .gif) | [gl] | |
| Logotipo do Ministerio de Traballo e Inmigración (En formato .jpg) | [gl] | |
| Novo logotipo do Ministerio de Traballo e Inmigración, que substitúe ao anterior logotipo do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais | ||
| Anexos | [gl] | |