¿A que persoas se aplica o Convenio?Ás persoas que traballen ou traballaran nun ou ambos os dous países e aos seus familiares e superviviente. Prestacións incluidas no Convenio Información xeralO Convenio aplícase ás seguintes prestacións: En relación con España:Ás seguintes prestacións do sistema da Seguridade Social: - Asistencia sanitaria por maternidade, enfermidade común ou profesional e accidente sexa ou non de traballo.
- Prestacións económicas por incapacidade temporal derivada de enfermidade común ou caccidente non laboral.
- Prestacións económicas por enfermidade.
- Prestacións de incapacidade permanente, xubilación, morte ou supervivencia.
- Prestacións económicas derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional.
En relación con AndorraÁs seguintes prestacións do sistema da Seguridade Social: - Asistencia sanitaria nos casos de maternidade, enfermidade común e accidente de traballo.
- Prestacións económicas por incapacidade temporal derivada de enfermidade común ou accidente laboral.
- Prestacións económicas por maternidade.
- Prestacións de invalidez, xubilación, defunción, viudedade e orfandade.
Respecto a estas prestacións hai que ter en conta que: - Para adquirir as prestacións de carácter contributivo previstas no Convenio, pódense sumar os períodos de seguro cumpridos en España e Andorra, sempre que non se superpoñan.
- As prestacións económicas de carácter contributivo, poderanse percibir con indenpendencia de que o interesado resida ou se atope en España ou en Andorra.
- Cada país abonará as súas propias prestacións directamente ao beneficiario. Non obstante, dos primeiros pagos da pensión que se lle recoñeza poderase descontar o importe correspondente a abonos de prestacións efectuados en cantidade superior á debida pola Seguridade Social doutro país.
- As persoas que reúnan os requisitos esixidos polas lexislacións de ambos os dous países para ter dereito a pensión contributiva, poderán percibir esta de cada unha delas.
Asistencia sanitariaA asistencia sanitaria recoñécea, de acordo coa súa lexislación nacional, o país no que esté asegurado o traballador, totalizando, cando sexa necesario, os períodos de seguro de ambos os dous países sempre que non se superpoñan, ou para o pensionista, o país que lle abone a pensión. Normalmente préstaa o país que a recoñece pero tamén poden recibila cando se desplacen ou residan noutro páis nos casos seguintes: - Persoas con dereito a prestación de asistencia sanitaria nun dos dous países que se desplacen ao outro país temporalmente e que precisen de forma inmediata dita asistencia.
- Traballadores asegurados nun país e enviados a traballar a outro por un períodos non superior a dous anos ou a un ano se se trata de traballadores por conta propia, así como aos familiares que lle acompañan.
- Familiares dun traballador asegurado nun país que residan no territorio do outro país.
- Pensionistas dun país e os seus familiares que residan no outro país.
- Os traballadores que residan nun país e traballen no outro país poderán percibir a asistencia sanitaria en calquera dos dous países.
As prestacións sanitarias sírvense no país onde se atope o beneficiario, e segundo o establecido na lexislación sanitaria en nos Servizos Públicos de Saúde dese país, durante o tempo que autorice a Institución do pías done o traballador esté afiliado ou que abone a pensión e con cargo a dita Institución. Maternidade e incapacidade temporalAs prestacións económicas derivadas de ditas continxencias recoñéceas o país no que esté asegurado o beneficiario/a, tendo en conta, se é preciso, os períodos de seguro do outro país, sempre que non se superpoñan. Incapacidade permanente, jubilación e morte ou supervivenciaCada país examinará por separado a solicitude de prestación na forma seguinte: - Comprobarase se o interesado alcanza dereito á prestación tendo en conta únicamente os periodos de seguro propios sin sumar os do outro país.
- Asimismo, calcularase a prestación sumando aos periodos de seguro propios os acreditados no outro país (pensión teórica). Neste suposto, o importe da prestación non será íntegro, senón segundo a proporción existente entre os periodos de seguro cumplidos no país que a otorgue e a suma dos periodos de España e Andorra (pensión prorrata).Existe unha excepción para os supostos nos que a duración total dos periodos de seguro acreditados nun dos dous países sexa inferior a un ano e que por si mesmos non dan dereito a pensión nese país. Asumiranse polo outro país como propios, pero sin aplicar a cláusula “prorrata temporis”.
Se os periodos de seguro acreditados nos dous países son inferiores a un ano, aplicarase a norma xeral de totalizacion e prorrata. - Compararanse as prestacións calculadas segundo o indicado nos apartados anteriores e cada país recoñecerá e abonará a prestación que sexa máis favorable ao interesado.
Para o recoñecemento e cálculo da pensión terase en conta: - A Institución que calcula a pensión considerará que o traballador se atopa sometido á súa legislación, se está asegurado no outro país ou recibe unha prestación dese país baseada nos seus propios períodos de seguro.
- Se para o recoñecementeo dunha prestación se esixe que algúns periodos de seguro se teñan cumprido inmediatamente antes do feito causante de dita prestación, este requisito considérase tamén cumplido se o interesado os acredita no periodo inmediatamente anterior ao recoñecemento da prestación do outro país.
- Se a lexislación dun dos países firmantes contén cláusulas de reducción, de suspensión ou de supresión da pensión para o caso de pensionistas que ejerzan unha actividade laboral, estas seranlle aplicables aínda que dita actividade laboral a efectúe no outro país.
- Se para o recoñecemento da pensión española foi preciso sumar periodos de seguro andorranos, o cálculo deste pensión efectuarase segundo as bases de cotización reais acreditadas polo asegurado en España durante os anos que preceden inmediatamente ao pago da última cotización á Seguridade Social Española. A cuantía así obtida, incrementarase segundo as revalorizacións establecidas anualmente ata a data do feito causante para as prestacións da misma naturaza.
- Para acceder aos beneficiarios de determinados réximes especiais (por ejemplo, traballadores do Mar, Minería do Carbón) so se terán en conta os periodos do outro país que se cumpriran en igual profesión ou emprego.
Accidente de traballo e enfermidade profesionalO dereito ás prestacións derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional determinarase polo país cuxa legislación fora aplicable ao traballador na data de producirse o accidente ou de contraerse a enfermidade. Solicitude de prestaciónsAs solicitudes de prestacións españolas e andorranas deberán dirixirse á Institución competente do país onde resida o interesado, e terá eficacia nos dous países se se alega na solicitude ou se deduce da documentación presentada ao exercicio dunha actividade profesional no outro país. Se o interesado ou os seus causantes residen nun tercer país deberán dirixir a súa solicitude á Institución do país (España ou Andorra) baixo cuxa lexislación aquel estivo asegurado por última vez. En España: - Centro de Atención e Información da Seguridade Social máis próximo ao seu domicilio (Instituto Nacional da Seguridade Social) ou
- as Direccións Provinciais do Instituto Social da Marina, cando se trate de traballadores incluidos no Réxime Especial dos Traballadores do Mar
En Andorra: - a Caixa Andorrana de Seguretat Social
Outros datos de interese- Os periodos de seguro acreditados en calquera dos dous países, antes da data de entrada en vigor do Convenio, serán tomados en conta para a determinación do dereito ás prestacións que se recoñezan ao amparo do mesmo.
- As pensións que foran concedidas por un ou ambos os dous países ou os dereitos a prestacións ou rentas que foran denegadas ou suspendidas antes da entrada en vigor do Convenio, serán revisadas ou restablecidas, a petición dos interesados, sempre que a solicitude de revisión ou de restablecemento dos dereitos se presente nun prazo máximo dun ano a partir da entrada en vigor do Convenio. Non obstante, non se revisarán as prestacióins abonadas que consitiran nun pago único.
- A aplicación do Convenio permite o exame do dereito a prestacións por continxencias que tiveran lugar con anterioridade á data da súa entrada en vigor, se ben o abono das mesmas non se efectuara en ningún caso por períodos anteriores á súa vixencia.
- O presente Convenio garantiza os dereitos adquiridos ao amparo do Convenio de 14 de abril de 1978
Para máis información consulta o texto completo do convenio: |