Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Axudas e subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2008

Programas

Axudas e subvencións que posibiliten ás comunidades galegas radicadas noutras comunidades autónomas e no estranxeiro a adquisición, actualización, adaptación e modernización das súas infraestruturas e locais, co fin de optimizar a prestación de servizos asistenciais, sanitarios, sociais, culturais, deportivos, etc. que estatutariamente lles son propios.

Resolución

Resolución do 28 de febreiro de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2008.

Destinatarios

Poderán ser beneficiarios destas axudas as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a condición de centro colaborador.

Ademais, ás entidades que presenten solicitude ao abeiro do programa C, Axudas para o acondicionamento e dotación e/ou renovación de fondos das bibliotecas pertencentes ás entidades galegas no exterior, exíxeselle que dispoñan nas súas instalacións de biblioteca propia.

Convocatoria

Diario Oficial de Galicia nº 47, do 6 de marzo de 2008

Promovido por

Secretaría Xeral de Emigración

Prazo de presentación

Ata o 21 de abril de 2008.

Contacto

As solicitudes e documentación correspondente remitiranse á:

  • Secretaría Xeral de Emigración
    rúa Basquiños nº 2
    15704 Santiago de Compostela (A Coruña).

Ano: 2008
Financiamento

2.260.000 €

Esta contía distribuirase da maneira que segue:

  • 1.200.000 € para o financiamento das actuacións contidas no programa A.
  • 760.000 € para o financiamento das actuacións contidas no programa B.
  • 200.000 € para o financiamento das actuacións contidas no programa C.
  • 100.000 € para o financiamento das actuacións contidas no programa D.

Programa A. Axudas a entidades galegas no exterior para a reforma, reparación, conservación e mantemento das súas instalacións

Obxeto

O obxecto deste programa é a concesión de axudas ás entidades galegas no exterior para contribuír ao financiamento dos gastos derivados dos investimentos que realicen durante o exercicio 2008 en obras de reforma, reparación, conservación e mantemento, destinadas á mellora das súas instalacións.

Gastos subvencionables.
  • Investimentos que realicen as entidades galegas propietarias de instalacións para a súa reparación, conservación e mantemento.
  • Investimentos que realicen as entidades galegas en obras imprescindibles de reparación, conservación e mantemento nas instalacións que, aínda que non sexan propias, utilicen como sede habitual e permanente.
  • Execución de obras de reforma que teñan como finalidade a ampliación, mellora, modernización, adaptación, adecuación ou reforzo de instalacións xa existentes titularidade das entidades galegas do exterior.
  • Realización do proxecto de obras asinado por un técnico competente e/ou expedición da preceptiva licenza municipal de obras.

Programa B. Axudas a entidades asociativas de emigrantes galegos no exterior para a mellora de dotacións e equipamentos

Obxeto

O obxecto deste programa é a concesión de axudas destinadas ás entidades galegas no exterior para financiar a adquisición de dotacións e equipamentos que contribúan a mellorar as condicións en que se desenvolvan as actividades asociativas.

Gastos subvencionables
  • Mobiliario e equipamentos que contribúan a mellorar as condicións asistenciais, culturais, educativas, etc., en beneficio dos seus asociados.
  • Equipamentos tecnolóxicos, informáticos e de telecomunicacións.
  • Instrumentos musicais e vestimenta tradicional galega destinados aos grupos de carácter cultural da entidade galega solicitante.
  • Recursos e material para ludotecas destinados a espazos de xogo dentro das instalacións das entidades galegas, que contribúan ao desenvolvemento integral e positivo dos nenos e nenas fillos dos asociados.
  • Outro material inventariable que contribúa á mellora das dotacións e equipamentos das entidades galegas radicadas no exterior.

Programa C. Axudas para o acondicionamento e dotación e/ou renovación de fondos das bibliotecas pertencentes ás entidades galegas no exterior

Obxeto

Este programa ten por obxecto a concesión de axudas para financiar o acondicionamento e mellora das instalacións das bibliotecas existentes nas entidades galegas no exterior, así como a dotación e/ou renovación dos seus fondos bibliográficos e demais actuacións que contribúan a mellorar as condicións en que se atopan na actualidade.

Gastos subvencionables
  • Realización das obras de reforma, reparación, conservación e mantemento das dependencias que ocupen as bibliotecas.
  • Equipamento e adquisición de mobiliario destinado á biblioteca.
  • Dotación e/ou renovación dos fondos bibliográficos existentes e informatización destes.
  • Adquisición de equipamentos informáticos para a administración dos fondos bibliográficos dos centros.
  • Creación de videotecas e cedetecas.

Programa D. Axudas para a restauración e catalogación do patrimonio artístico, bibliográfico e documental titularidade das entidades galegas no exterior

Obxeto

Este programa ten por obxecto a concesión de axudas para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da restauración e catalogación dos bens de interese artístico e histórico, así como do patrimonio bibliográfico e documental das entidades galegas no exterior. Inclúense as obras de arte (esculturas, debuxos, pinturas, murais, etc.) así como toda expresión gráfica, sonora ou en imaxe, recollidas en calquera tipo de soporte material cunha antigüidade superior aos corenta anos, xerados, conservados ou reunidos no exercicio das súas actividades polas entidades galegas no exterior

Gastos subvencionables
  • Restauración dos bens de interese artístico e histórico, así como daqueles documentos, fondos ou coleccións que conformen o patrimonio bibliográfico e documental titularidade das entidades galegas no exterior, levadas a cabo por técnicos competentes en cada unha das materias.
  • Catalogación e realización de inventario dos bens de interese artístico e histórico, así como daqueles documentos, fondos ou coleccións que conformen o patrimonio bibliográfico e documental titularidade das entidades galegas no exterior, segundo métodos e técnicas propias da categoría en que se encadren cada un dos bens afectados (arquivística, biblioteconomía ou museoloxía), co obxecto de incorporalos ao catálogo que conformará a Rede virtual do patrimonio galego no exterior.

Información adicional
  • Subdirección Xeral de Centros e Comunidades Galegas
    Secretaría Xeral de Emigración (Xunta de Galicia)
    Basquiños, nº 2
    Santiago de Compostela, 15704 (España)
    Tel. 981 545833 - 981 957162
    Fax: 981 957179
    E-mail: emigracion.subvenciones@xunta.es
  • Consultar a resolución.
  • Guía do cidadán

El tipo mime del documento es: application/pdfAnexo I: solicitude de axudas para reforma, reparación, conservación e mantemento das instalacións [gl]
El tipo mime del documento es: application/pdfAnexo II: solicitude de axudas para a mellora de dotacións e equipos [gl]
El tipo mime del documento es: application/pdfAnexo III: solicitude de axudas para acondicionamento, dotación e/ou renovación de fondos das bibliotecas [gl]
El tipo mime del documento es: application/pdfAnexo IV: solicitude de axudas para a restauración e catalogación do patrimonio artístico, bibliográfico e documental [gl]
El tipo mime del documento es: application/pdfAnexos (versión online para imprimir) [gl]
Podes redactar directamente sobre o formulario os datos e a continuación enviar o documento a imprimir coa información cumplimentada
El tipo mime del documento es: application/pdfAnexo V, VI e VII: declaración de axudas, certificación de realización da finalidade da subvención e relación de facturas e documentos xustificativos [gl]
El tipo mime del documento es: application/pdfGuía para a presentación de solicitudes de subvencións destinadas ás comunidades galegas no exterior [gl]
Subvencións destinadas ás comunidades galegas no exterior para o apoio infraestrutural
El tipo mime del documento es: application/pdfNotas importantes [gl]
Notas baseadas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia
El tipo mime del documento es: application/pdfResolución do 28 de febreiro de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración [gl]
Resolución do 28 de febreiro de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2008