Ayuntamiento de La Coruña / Concello de A Coruña
Reportajes
Esta venezolana, filla de emigrantes galegos, chegou a Galicia hai tres anos coa esperanza dun futuro mellor. Graduada en inxeneiría química, o programa Convive + deulle a oportunidade de crear a súa propia empresa que hoxe xa é unha realidade na cidade de A Coruña; a tenda de tallas grandes "Kapuy"
De orixe galega, Aurora Martínez rexenta unha tenda de tallas grandes na Coruña
Os pais de Aurora, ambos emigrantes galegos, coñecéronse e casaron en Venezuela onde naceu ela. As costumes e as orixes galegas sempre estiveron moi presentes no entorno de Aurora; " O contacto continuo coas orixes galegas, fante sentir tamén emigrantes coma os teus pais, ata o punto que na escola, sempre fun "a galleguita" a pesar de ter nacido alí".
Hai tres anos, Aurora decidiu voltar á terra de orixe dos seus pais por unha razón clara; a situación poítica e social da Venezuela actual. " Só alguén que pasa por unha situación similar, pode entender o que se sente ó deixalo todo e comezar de novo noutro pais",comenta Aurora. Graduada en EnxeñeríaInformática, a intención desta venezolana era voltar para realizar o doutorado en Galicia e tentar traer máis tarde ó resto da súa familia. " O primeiro ano foi duro e dubidei moitas veces do acetado da miña decisión pero ó ver a situación en Venezuela, mudaba de idea. Os primeiros traballos foron precarios pero axiña comecei a asisitir ó curso de emprendedores do programa Convive + onde aprendín as claves para montar un negocio propio co que lle podería asegurar un futuro á miña familia".
Cómpre destacar o apoio que Aurora recibiu por parte da Administración tanto na súa formación como na integración ó ámbito social e laboral galego; " Sentínme moi apoiada posto que cando cheguei a Galicia, recibín axuda para o meu doutorado, o paro por emigrante retornado, e información e apoio para abrir a miña empresa. Malia que non obtiven o microcrédito para financiar o meu negocio xa acadei moito máis do que me podería ofrecer Venezuela".
Hai tan só tres meses que Aurora abriu a súa tenda de tallas grandes na cidade de A Coruña: "Kapuy" ( que significa lúa en pemón, un dialécto dunha tribu indíxena venezolana) " Era unha idea que sempre tivemos en mente, vimos que non había suficiente oferta no mercado para a crecente demanda. Temos roupa para todas as idades entres as tallas 46 e 70. Sentimos que temos boa aceptación entre o público e que as nosas clientas se sinten satisfeitas por ser tidas en conta".
O primeiro consello que Aurora dá a todos aqueles residentes noutros países que queiran voltar é que se informen. " Que o fagan a través dos organismos responsables. Pola miña propia experiencia, entendín que o mellor que podía facer para saber cómo levar a cabo algún trámite era ir ó consulado, embaixada ou calquera ente público. Que veñan cos seus papeles legalizados e homologados tamén é moi importante"
Por último Aurora recomenda que pensen coa "cabeza fría" xa que as cousas aquí cambiaron " A situación cambiou moito desde hai trinta anos, a pesar de que o nivel de vida é mellor aquí. O meu consello a todos os que veñan é que enchan a maleta máis que de cousas, de moita fortaleza e ganas de loitar e que non se olviden dun bo abrigo".
Os problemas de adaptación sempre están presentes e é dificultoso acostumarse á nova vida e tradicións. " Sempre te sintes un pouco estranxeiro na túa propia terra", afirma Aurora.