Ayuntamiento de La Coruña / Concello de A Coruña

Reportajes

Jorge Domínguez: a realidade da emigración e do retorno

A historia de Jorge Domínguez (Ourense, 1949) está marcada polas dificultades e o esforzo. Emigrado a Alemania a comezos dos 70, voltou a España cunha incipiente democracia e decidiu entón comezar unha nova vida en Venezuela pero as circunstancias trouxérono de novo ó seu Ourense natal hai tres anos onde partindo de cero, montou un negocio que é o sustento da familia que formou no exilio e que vive agora en terra galega

 

No 1972, Jorge Domínguez, un ourensán casado, decidiu facer as maletas rumbo a Alemaña. Alí conseguiu un bo traballo e certa estabilidade pero pasado un tempo atopouse con experiencia pero sen certíficado dos seus coñecementos. " Traballei como pasteleiro pero non tiña un título homologado, dalgún xeito a situación é semellante á que ocorre agora en España cos emigrantes que chegan de fóra", asegura. Por este motivo e ó non ver grandes posibilidades voltou a España no 1980, un páis en pleno cambio democrático. " Aquí a situación non era moito mellor, traballaba moi explotado e tiven moitos problemas burocráticos polo que a raíz do divorcio da miña muller, decidín deixar atrás todo e marchar cun amigo a Venezuela".

Jorge chegou a Venezuela no 1982, un período difícil debido a devaluación da moeda ó ano seguinte. Os comezos foron duros; "traballei nunha pastelería pero case non podía sobrevivir polo que decidín montar eu mesmo unha zapatería cos coñecementos que tiña e cos cartos que me sobraran despois de comprar o billete para a viaxe. Eu mesmo construín o local no edificio onde vivía alugado e collín un mozo que reparaba calzado na rúa como axudante. Apenas ganaba para vivir pero fun mellorando" Así transcurriron case dez anos e no 1991, Jorge alugou o seu negocio. Ó ano seguinte produciuse o golpe de estado en Venezuela e a inestabilidade política, social e económica foi en aumento ó igual que a violencia.

"Gracias ós meus coñecementos en ferretería e un curso de formación comezei a facer traballos a domicilio" Jorge casara en Venezuela e tivo dous fillos nados no 91 e no 93. " Así seguín ata o 2004, ano no que a miña nai enfermou e tomei a decisión de vir a España cun dous meus fillos por un tempo, para o que tiven que vender algunhas das miñas propiedades debido ó elevado prezo da pasaxe".

A volta ó seu país de orixe non foi doada "Atopei discriminación laboral pola miña idade, e despóis de unha larga loita acadei a homologación do meu carnet de camioneiro alemán e comecei a traballar" A muller de Jorge veu pouco despóis co outro fillo da parella, sen embargo ela non tivo tanta sorte e polo momento segue buscando traballo e realizando un curso de formación.

O rumbo profesional de Jorge en Ourense cambiou no 2005 " Contactei cunha zapatería de aquí, o dono quería vendela e despóis de moitos esforzos para acadar un préstamo decidín coller o negocio. Levamos pouco tempo pero dá para ir vivindo e agora xa non queremos voltar a Venezuela"

Desde a Diputación de Ourense, Jorge asegura que se sentiu moi respaldado con diferentes axudas , recibindo prestacións económicos por fillo a cargo e despóis dalgún tempo obtendo unha axuda extraordinaria de 700 euros. " Os primeiros meses foron moi duros e sobrevivín gracias á pensión de viudez da miña nai, por sorte sempre recibín moito apoio dede a Deputación e as cousas foron mellorando" " A pesar de que nunca perdín a miña nacionalidade española, xa que en Venezuela só me fixen residente, foi unha tarefa complicada obter axudas e atopeime con bastantes dificultades".

Jorge confía en seguir vivindo no seu Ourense natal ao frente do seu negocio que está empezando a xerar beneficios e tamén en crear perspectivas de futuro para os seus fillos. " Os rapaces están xa adaptados á vida en Galicia e o que máis me importa e dárlles posibilidades para que teñan oportunidades nun futuro".