Ayuntamiento de La Coruña / Concello de A Coruña
Reportajes
Malia non ter nacido en Galicia, Roberto Quintáns (Uruguay 1966) coñece ben de cerca a emigración xa que os seus país deixaron as súas terras galegas nos anos 50 rumbo a América. Agora, e obrigado polas malas condicións socioeconómicas do país, Roberto decidiu emigrar e montar a súa propia cafetería en Pontevedra, gracias á oportunidade que lle deu o programa CONVIVE + da Xunta de Galicia
A cafetería "Vetula Ponte" pretende ser unha ponte entre diferentes culturas e punto de encontro de retornados
Aló polos anos 50 o pai de Roberto, natural de Bande e a nai, nada en A Estrada engrosaron as listas dos galegos que puxeron rumbo a emigración cara América. Asentados en Uruguay, o país coa maior comunidade de galegos. " Durante a miña infancia tiven moito contacto con fillos de emigrantes galegos, os meus pais tiñan comercios na cidade e estaban tamén dentro dunha asociación de emigrantes galegos", asegura Roberto.
Hai só 6 anos que este mozo, con nacionalidade española, tomou a decisión de emigrar cara a terra dos seus pais. " A situación económica e social era bastante insostible, e a pesar de que rexentaba unha tenda de ultramarinos non tiña perspectivas de futuro. Esta foi a razón pola que decidín virme a Galicia, só tiña unha prima aquí polo que os comezos foron difíciles, aínda que pouco a pouco o resto da miña familia tamén voltou".
Nun primeiro momento, Roberto pensou que as cousas serían máis doadas por ter a nacionalidade española pero non foi dese xeito. " Atopei moito máis afinidade e apoio por parte dos emigrantes que dos propios galegos, de feito estou nunha asociación de emigrantes latinoamericanos en Pontevedra".
A iniciativa Convive + dentro do proxecto Equal, deulle a oportunidade de ouro para comezar un proxecto empresarial que se había de convertir nunha realidade. " Entramos dentro dun grupo para constituír un viveiro de empresas. Recibimos un curso de formación para adquirir os coñecementos necesarios co fin de montar a nosa propia entidade empresarial" A través do programa Convive +, as iniciativas seleccionadas polas entidades participantes recibirían un microcrédito de 20.000 euros para poñer en marcha a mesma. " A Caixagalicia gustoulle o proxecto que presentamos e concedeunos o crédito."
A cafetería " Vetula Ponte" é o nome no que se materializou o proxecto de Roberto Quintáns que de momento está cumplindo as expectativas a pesar da súa corta vida. "Queríamos deseñar un local que mezclase o concepto da ponte da Calzada antiga co termo máis metafórico de ponte intercultural entre as diferentes persoas"
O local está decorado con fotos da cidade antiga de Pontevedra e da historia da emigración e conta cunha iniciativa novedosa, un xoves de cada mes " Vetula Ponte" ofrece unha tapa típica de diferentes países do mundo".
Roberto Quintáns anima a todos aqueles que vivan noutro país e queiran voltar ó lugar de orixe da súa familia a que o fagan pero non sen antes informarse moi ben sobre as condicións sociais e laborais do país de acollida e as posibilidades existentes " Está claro que aquí hay máis posibilidades pero os comezos son difíciles e tes que aceptar todo tipo de traballos para poder sobrevivir"