Ayuntamiento de La Coruña / Concello de A Coruña
Reportajes
O fenómeno da emigración definiu o ser galego e realidade social do noso país durante o pasado século. Hoxe Galicia pasou a ser unha terra de acollida de emigrantes, especialmente de todos aqueles retornados que ou ben nados aquí ou de orixe galega deciden voltar á terra de orixe nun momento no que as condicións de vida mudaron e onde a esperanza de futuro xa no está ó saltar o Océano, senón do outro lado, en terras europeas
As expectativas dun futuro mellor e as condicións socioeconómicas e políticas que se vivían en Galicia nos anos 50, un país marcado pola dura posguerra, levou a moitos galegos e galegas a emprender rumbo a América para desenvolver os seus proxectos de vida. Moitos deles nunca perderon a oprtunidade de voltar á terra de orixe, noutros casos foron as segundas xeracións ( fillos ou mesmo netos de emigrantes galegos) os que decidiron tomar a decisión de voltar á Galicia ante as convulsas transformacións sociais, económicas e políticas que viviron os países de destino nos últimos anos. Os movementos migratorios mudaron e Galicia converteuse no que fora América hai medio século, o símbolo de máis oportunidades e dun maior nivel de vida.
Unha vez chegados de novo á terra galega, ós retornados preséntanselles algunhas dificultades como poden ser os problemas de adaptación a unha terra da que se atopan desvinculados ou na que nunca estiveran antes con costumes e tradicións diferentes do seu país, pero os principais problemas xorden da falta de posibilidades para atopar un traballo e integrarse na comunidade, o acceso á vivenda, ó mundo laboral, a homologación dos seus títulos obtidos no país de orixe, o acceso á axudas para levar a cabo algunha iniciativa empresarial ou acceso ós servizos elementais.
A Administración galega pon a disposición dos retornados un gran número de axudas para asesoralos na súa chegada a Galicia, desde axudas por desemprego, fillos a cargo, accións formativas e subvencións, todo elo para proporcionar unha atención integral do emigrante retornado mediante a información, orientación, asesoramento socio-laboral, así como aloxamento e a cobertura das súas necesidades básicas.
Gracias á programas como o Programa de Formación e Desenvolvemento Empresarial para a Galicia Exterior, o Convive + ou o Insermigra, os retornados atopan en Galicia todas as claves necesarias para un asesoramento na busca activa e útil de emprego, capacitación profesional específica e desenvolver con garantía de éxito proxectos empresariais propios e financiados con microcréditos como algúns dos casos expostos nesta nesta reportaxe.
O fenómeno do asociacionismo entre emigrantes retornados tamén merece unha mención destacada xa que son de gran utilidade para a integración dos que proceden doutros países no país receptor tendo en conta o perfil cambiante do emigrante que cada vez máis decide voltar sen compañía polas dificultades económicas deixando a familia atrás. Xa que logo, as asociacións desenvolven a labor de acollida que no pasado levaban a cabo as familias con carácter lúdico, integrador o asistencial, debido a que moitos destes emigrantes non teñen familia aquí.
Ademáis das asociacións os retornados atopan apoio na Administración galega para saber cales son os trámites que deben levar a cabo unha vez chegados a Galicia, desde atopar traballo a ter unha tarxeta sanitaria a través da Guía do Emigrante Retornado e doutros recursos.