Ayuntamiento de La Coruña / Concello de A Coruña
Reportajes
Moitas son as iniciativas e programas de axuda e atención para os emigrantes retornados en Galicia. A súa finalidade principal é a de acadar a plena integración e desenvolvemento persoal e profesional apoiando as súas iniciativas empresariais a través de convenios e diferentes liñas de axuda
O crecemento do retorno de emigrantes españois e os seus descendentes rexistrado nos últimos anos é cada vez maior, así como o interese demostrado en levar adiante proxectos empresariais vinculados a Galicia desde o seu país de residencia. Co fin de asesorar a estes emigrantes retornados nos seus proxectos existen diversas inciativas de apoio. Cabe destacar o programa CONVIVE + dentro do Equal.
Desde a Fundación Galicia Emigración deseñouse o Programa de Formación e Desenvolvemento Empresarial para a Galicia Exterior, dirixido aos emigrantes galegos e os seus familiares. Este programa anticípase ás necesidades de información, formación e asesoramento que, sobre as características, condicións e oportunidades do mercado de traballo español en xeral, e galego en particular, requiren os emigrantes galegos e os seus descendentes interesados en iniciar actividades comerciais vinculadas a Galicia. Proporciona tamén, as ferramentas necesarias para a posta en marcha dun proxecto viable, de autoemprego ou de creación de empresa, a quen teñen a intención de retornar a Galicia, tendo en conta a capacidade emprendedora característica deste colectivo, así como, a experiencia adquirida no país no que residen.
Entre os obxectivos deste programa están apoiar ás comunidades galegas no exterior, na súa inserción laboral cara o retorno en Galicia, favorecer a ampliación das oportunidades laborais e desenvolvemento profesional no seu país de residencia, fomentar o espírito emprendedor dos emigrantes, favorecer o intercambio cultural entre Galicia e os países da emigración, facilitar o acceso á proxectos para desenvolver en Galicia a través dunha liña de microcréditos e favorecer tamén a xeración de redes de contacto.
Os destinatarios desta iniciativa son emigrantes galegos e os seus descendentes que posuan ideas innovadoreas en vertentes como proxectos de autoempregro ou creación de empresa en Galicia, para insertarse no mundo laboral tralo retorno, ampliación de mercados mediante creación de negocios internacionais e de servizos profesionais destinados a empresas españolas, proxectos de diversificación empresarial para os empresarios que desde fóra deciden crear unha empresa e invertir en Galicia ou no resto de España.
Desde a Rede Galega de Atención ó Emigrante Retornado preténdese proporcionar unha atención integral do emigrante retornado mediante a información, orientación, asesoramento socio-laboral, así como aloxamento e a cobertura das súas necesidades básicas. Esta rede establece convenios con diversas entidades públicas e privadas.
Os obxectivos destes acordos son informar e orientar aos inmigrantes e retornados sobre os seus dereitos e deberes, os servizos sociais e recursos aos que teñen acceso, garantir a non discriminación no acceso ás prestacións sociais xerais e ao emprego, na procura da eliminación de toda clase de barreiras.
Trátase de axudar ao colectivo a achegarse á realidade socio-laboral do país, atendendo ás súas necesidades personais, sociais, educativas, formativas e laborais ao longo dun proceso de integración ao que se incorporan os sistemas de prestación de servizos básicos existentes.
A Administración galega editou a "Guía para o Emigrante Retornado" . Cun enfoque netamente práctico, e coa finalidade de facilitar o coñecemento dos trámites administrativos necesarios para o retorno, o manual pretende proporcionar unha información sintética e áxil sobre os programas e axudas que, tanto o Estado español como a Xunta de Galicia, poñen a disposición do emigrante galego que desexa volver a súa terra natal. Asimesmo, incorporanse aquelas direccións, teléfonos e correos electrónicos de interese onde poderán tramitar os seus expedientes e acceder á información nos puntos mais próximos ao seu lugar de residencia.
A Fundación Galicia-Emigración conta cun programa en materia de emprego para favorecer a inserción laboral de inmigrantes e emigrantes retornados desempregados en risco de exclusión social, residentes na Comunidade Autónoma Galega, trátase do " Programa Insermigra". A iniciativa ofrece ós retornados asesoramento para unha búsqueda activa e útil de emprego, capacitación profesional específica (caixeiros/as), impartida por empresas na profesión demandada polas mesmas, onde poderían obter un contrato de traballo e seguemento do seu proceso de inserción laboral dunha forma continuada.
O Insermigra que remata en setembro deste ano ten como obxectivo básico
inserir laboralmente alomenos ao 35% dos beneficiarios directos deste proxecto e cabe destacar que todas as accións formativas son totalmente de balde.