Ayuntamiento de La Coruña / Concello de A Coruña
Reportajes
Na mediada do século XX milleiros de galegos deixaron a terra para emigrar á América nunha primeira fase e a Europa nun segundo momento. O cambio nos movementos migratorios e nas condicións políticas e socioeconómicas nos países de destino fixo que moitos destes galegos comezasen a retornar á terra de orixe que pasou a ser país de acollida
Galicia pasou de ser un país xerador de emigrantes a receptor de moitos deles que voltaron
A emigración ten sido, ó largo da historia de Galicia, un dos seus "leimotivs", máis persistentes, condicionando a súa evolución demográfica e socioeconómica, especialmente no curso do último século e medio, no que tiveron lugar grandes correntes migratorias con distinto destino. Primeiro foi ó continente americano, etapa na que se produciron as saídas máis masivas, entre finais dos corenta e comezos dos sesenta do século pasado. Logo a países europeos (do 60 ó 74) e finalmente dentro de España. na segunda metade do século XX.
Desde hai uns anos os movementos migratorios galegos cambiaron de sino producíndose unha reducción de saídas cara países europeos e tamén dentro de España. A situación socioeconómico do país tamén mudou e agora o noso país converteuse en receptor de emigrantes.
Nos últimos anos Galicia pasou a se receptor de galegos que cada vez máis, voltan doutras nazóns a onde emigraron na segunda metade do século pasado, o que trae un saldo migratorio exterior positivo para a nosa comunidade.
No caso dos emigrantes retornados a Galicia e a nivel xeral podemos diferenciar tres tipos. En primeiro lugar atópase o dos que emigraran a países industrializados e tiñan previsto regresar. Logo están os procedentes de países suramericanos, ás que estaban integrados pero cuxa inestabilidade política e social condúcelles a retornar. Por ultimo, áchanse os que regresan coas súas familias por inadaptación ao país receptor. Hai claras diferencias entre os retornados de Iberoamérica e os que o fan de países europeos.
O número de emigrantes chegados a Galicia desde o 1983 ó 2001 mostran unha tendencia ascendente, a maioria deles son de nacionalidade española a diferencia do resto de España, onde a tendencia é inversa. A meirande parte de altas padroales están formadas por emigrantes que retornan en moitos casos acompañados de familiares, algúns tras acadar os obxectivos propostos cando marcharon e outros ante a nova situación vivida nos lugares de destino: estímulo ó retorno nalgúns países europeos trala crise dos anos 70, situacións de paro ou dificultades económicas. Moitos dos emigrantes de nacionalidades estranxeira, especialmente os procedentes de América, son descendentes da segunda ou terceira xeración de antigos emigrantes galegos, que ante as dificultades que sofren no seu país, tratan de acadar unha oportunidade mellor na terra dos seus ancestros. Os procedentes de Europa intégranse con maior facilidade na sociedade galega debido a unha maior planificación no seu retorno e ó menor choque cultural que sofren en comparación cos procedentes do outro lado do Atlántico.
En canto os rasgos sociodemográficos dos chegados de fóra, o número de homes e mulleres é equilibrado, a franxa de idade predominante vai de 25 a 65 aínda que se nota un aumento de menores polo que leva a pensar nun retorno máis familiar.
Pódese afirmar xa que logo, que os emigrantes chegados a Galicia, proceden fundamentalmente dos países ós que máis emigraron os galegos no século pasado ( América fundamentalmente) Isto constitúe a gran diferencia entre Galicia e España en relación á nacionalidade dos emigrantes. A pesar de todo, a inmigración estranxeira en Galicia estáse facendo cada vez máis heteroxénea.
Entre os retornados procedentes de Europa, predominan os de Suíza , por ser destino prioritario da nosa emigración e traballadores cualificados ou empregados de empresas multinacionais. As provincias galegas costeiras, os centros urbanos e as áreas máis desenvolvidas economicamente, abarcan o maior número de emigrantes retornados, con bastante diferencia coas do interior.
A maior parte dos municipios galegos apenas reciben emigrantes aínda que este dato cambia nas Mariñas coruñesas e nas Rías Baixas e en algunos concellos interiores como é o caso de Santiago de Compostela e os seus arredores.